• A paz, asignautra pendente. Domingo 30 de xuño

    A paz, asignautra pendente. Domingo 30 de xuño

         Este domingo trinta de xuño, ás 12:30, no Cantón, lembra a concentración semanal pola paz. Esta volta, cun ‘extre’: encadrada dentro da mobilización estatal     Lévase xa moitas semanas centrando o que alí se di en Palestina, sen esquecer Ucraína. Sudán do Sur, Afghanistán e outros moitos lugares fóra do ‘radar’ dos medios que…


  • PASOS ELEVADOS ILEGALES. José María Rodríguez Díaz (2010)

    PASOS ELEVADOS ILEGALES. José María Rodríguez Díaz (2010)

        Algo que tres lustros despois segue incumprindo a normativa en moito slugares de Ribadeo. Sábado, 09 de octubre de 2010 PASOS ELEVADOS ILEGALES • Publicado por jmrd_ribadeo a las 13:56 Hace ya varios años se alertaba en estas mismas páginas contra el abuso del concejo de Ribadeo en la colocación de los pasos elevados…


  • Recuncho da lectura: No et moi

    Recuncho da lectura: No et moi

      Recuncho da lectura: No et moi      No et moi. Delphine de Vigan. ISBN 9782253124801. Le livre de poche. Librarie Générale Française. París 2018. 250 px. (Fr.)      Case diría lectura xuvenil no mesmo sentido que O pequeno príncipe o é. Sendo tan diferentes, a súa lectura lembroumo. Non é unha obra mestra, é…


  • Presentando o libro do Viejo Pancho

    Presentando o libro do Viejo Pancho

        O pasado venres 12 de xuño tivo lugar a presentación do libro “El Viejo Pancho. de Ribadeo a El Tala pasando por Navia“. Deixo algunha foto que me pasaron do acto e o vídeo da presentación:    


  • EL CONCEJO DE RIBADEO FRENTE A LA CRISIS. José María Rodríguez Díaz (2010)

    EL CONCEJO DE RIBADEO FRENTE A LA CRISIS. José María Rodríguez Díaz (2010)

        Achegándose as eleccións e poñendo a vista na economía do concello… Viernes, 01 de octubre de 2010 EL CONCEJO DE RIBADEO FRENTE A LA CRISIS • Publicado por jmrd_ribadeo a las 11:01 Las veleidades del actual regidor de Ribadeo relativas al funcionamiento económico del concejo, tanto en su gestión de personal como en servicios,…


  • 10 anos e un día

    10 anos e un día

    Felipe VI, lic. CC BY SA 2.0 dende https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Felipe_VI_2023.jpg   10 anos e un día     ‘X máis un día’ teño entendido que é a expresión dun tempo en clave xurídica para que non se lle poda rebaixar de golpe unha sentencia a alguén, quedando como posibles só rebaixas parciais, encadradas dentro da mesma categoría…


  • 50 m de Porcillán

    50 m de Porcillán

        Escrito para o libro das Festas do Carme 2024: 50 m de Porcillán     Hai veces que Porcillán antóllase tranquilo, mesmo diríase aburrido. 29 de maio a media tarde: a ría iluminada, boa temperatura, pouca xente, a máis dela sentada no mariñeiro ou nos bancos fronte á ría, embarcacións deportivas por medio. Sería un…


  • COSAS DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2010)

    COSAS DE RIBADEO. José María Rodríguez Díaz (2010)

        Reflexións varias de José María, con sombra alongada ata hoxe. Como outras veces, pódese estar ou non de acordo co autor, pero é case imposible non estalo con que, cando se escribiu o texto, a chamada de atención era necesaria. Viernes, 24 de septiembre de 2010 COSAS DE RIBADEO • Publicado por jmrd_ribadeo a…


  • Dez anos e un día

    https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/@ribadeando

    10 anos e un día

    Felipe VI, lic. CC BY SA 2.0 dende https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Felipe_VI_2023.jpg

     

    10 anos e un día

        ‘X máis un día’ teño entendido que é a expresión dun tempo en clave xurídica para que non se lle poda rebaixar de golpe unha sentencia a alguén, quedando como posibles só rebaixas parciais, encadradas dentro da mesma categoría de gravidade que o feito penado co de ‘X máis un día’.

        Pois onte, 19 de xuño, o rei actual da monarquía española cumpriu 10 anos de monarca. Cabe resaltar que accedeu a ese posto por herdanza, por suposto, pero ademais, non por morte do seu predecesor, senón por abdicación. Algo que, din, salvou unha monarquía desprestixiada por diversas accións do monarca. E onte mesmo, un diario revela que o actual rei mantivo contactos co plutócrata presidente emir comandante supremo emiratí acolledor do abdicado monarca antecesor, nas datas anteriores e posteriores a ir vivir ós soleados lugares do golfo. Mentres, de portas a fóra o monarca facía acto de cortar comunicación co seu antecesor na cadeira real. Iso, hai xa anos.

        Case vinte e nove anos antes dese 19 de xuño de 2014 que se lembrou onte, era o agora emérito quen era coroado rei á morte do ditador, en cumprimento da lei de sucesión na xefatura do estado de 1947. Tres anos máis tarde estaría inscrito na constitución xa democrática que o estado español é unha monarquía parlamentaria. Texto, por certo, que comeza co seu nome a título de rei de España, precedendo a calquera outra afirmación constitucional, incluída a citada antes do artículo 1º da Constitución. Despois de varios anos residindo fóra, e non cotizando aquí, o pasado ano recomezou as visitas a algún dos seus antigos vasallos en territorio peninsular.

        Agora, na celebración dos dez anos de reinado do segundo rei despois de Franco, somos informados de que a princesa Leonor levaba un vestido de Roberto Verino, galego el, e de que puxo unha nota entrañable de paso que lle daba as grazas ó pai (non en nome do pobo, senón como filla) polas ensinanzas recibidas. Creo lembrar que no seu momento, o actual rei fixo algo parello  (dar as grazas) co rei anterior (o que dimitiu), antes da serie de escándalos que dez anos despois de dimitir e unha labor continuada de propaganda, parece que vai chegando atenuada ós nosos oídos. Cabe lembrar que a princesa será a próxima monarca? Si, cabe lembrar que está a prepararse o camiño para unha monarca entrañable. Quizais sexa o adxectivo elixido para caracterizar ese período futuro de monarquía, entrañable, como para o anterior foi ‘campechano’. Coido que o actual non tivo unha preparación semellante (preparación de adxectivo, digo) por falta de tempo ó ser unha transición precipitada pola abdicación; o termo ‘preparado’ aplicado ó actual monarca foi algo do momento, asegurando un valor para os primeiros tempos, que despois foi esquecéndose.

        Agora estamos xa no segundo decenio de reinado. Pasamos pois a outra categoría: de aí os festexos celebrados.

        Quedaría moito por dicir, as vidas dos reis pasados enchen coleccións de libros. E a preparación indica que tamén quedará moito por saber e dicir no futuro.

        Un detalle final: o dicionario da RAG axusta que Rei se escribe con maiúscula cando se trata de nomear ós Reis Magos, pero non noutro caso.

    20 June, 2024, 5:11 pm 0 boosts 0 favorites


  • Presentación de ‘El Viejo Pancho. de Ribadeo a El Tala pasando por Navia’

    Presentación de ‘El Viejo Pancho. de Ribadeo a El Tala pasando por Navia’

         Deixo a invitación, a portada do libro e algúns axustes:     O texto da invitación é claro: ‘ INVITACIÓN Antonio Andina Penabad EOditorial Valentín de Torres Solanot Del Pino, E2 IN2 Pablo Rodríguez Fernández “Vivín” Comprácense en invitar a vostede ó acto de presentación do libro: El Viejo Pancho. de Ribadeo a El Tala…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (139) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (131) paz (187) pensións (96) plenos (225) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)