Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Pasáronme onte máis fotos do Ribadeo antigo. Preparei unha pequena presentación e colgueinas, co que pódese ver, xunto coas que xa estaban, en ‘Publicado en Ribadeo‘.
No vídeo adxunto, cousa de 1 minuto 10 segundos. Na estibaxe seguinte cronometrei 62 s, e hai que ter en conta que co sistema actual, no cambio de camión parece producirse un lixeiro retraso para o paquete seguinte. Hai case un ano cargaba este outro vídeo: Nel pode verse que coa outra grúa a secuenza…
Agasallo do goberno? Non, distribución diferente de cartos de todos, e endebedamento xeral para poder facer isa redistribución. Non nos enganemos co Plan E nin co ‘novo’ Plan E, ou ampliación do plan. Ambos son presentados como unha especie de agasallo, pero non. Que quede claro. A Ribadeo correspóndenlle segundo os baremos usados 1 065…
Unha ligazón para mirar e xulgar a postura: http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/
Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano. Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa…
Dende hai tempo véñolle dando voltas a poñer en marcha un sitio de liberación e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento. Hoxe mércores ás oito da tarde haberá un pequeno acto de presentación da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a información na web pode atoparse a…
Por indicacións dun amigo procuro unha nova desta fin de semana que non vira. Trata sobre unha sentenza xudicial que obriga á revisión do convenio dos funcionarios veigueños. Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a…
Remato de recibir a ‘Asxenda cultural’ do concello correspondente ó que resta de ano. E así a poño, lembrando que as imaxes pódense ampliar premendo co rato sobre elas. Coido que ten algún erro, pero pequeno, e como non o podo comprobar agora, así queda.
A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera…
Pouco a pouco váise consolidando a estrutura e exterior do ascensor fronte á Ría de Ribadeo. Coido que a foto pode cdonsiderarse xa como unha vista definitiva. Atrás queda pois a Atalaia como mirador sen moita interferencia humana, e diante, a estrutura a manter no futuro. Seguiremos a preguntarnos o por que. O non facelo…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (254) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (897) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (136) filosofía (532) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (547) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (380) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (140) pensións (94) plenos (221) política (1432) Recuncho da lectura (60) residencia (130) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3249) Suso Fernández (145) tecnoloxía (153) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)