
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
No cartel á beira, con Uxío Novoneyra e Ribadeo ó fondo, está explicado: o concerto das letras galegas este ano non é no día das letras, senón o anterior. O cabodano do pasamento de Hernán. Abaixo, o cartel cedido por Amadores.
Hoxe deixei colgado en Publicado en Ribadeo o libro da semana Santa 2007.
AVV O Tesón Nota de Prensa Denuncia contra ‘La Nueva España’ Tras decisión da directiva da asociación de veciños O Tesón, no día de onte, xoves 13 de maio, o Presidente da mesma ten presentado denuncia contra o diario ‘La Nueva España’. O motivo da denuncia é, despois de longos anos de ter usado dito…
Dende hai agora un ano viña coleando unha situación inusual na dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A finalización hai pouco tempo do expediente levantado a Lourenço Cruz desembocou onte en que fora despedido. Queda unha actuación no xulgado, e o paso de provisional a definitiva a resolución sobre a dirección…
Nova de onte foi, que o Rei, recén operado, declarouse orgulloso da sanidade pública. Pouco de novo tería a cousa e pouco en relación a Ribadeo: a sanidade pública española parece ter un bo nivel internacional, e non foi nun centro galego nin mariñán que o Rei se operou. É máis, non lle prestara grande…
O título corresponde a un texto de Eduardo Galeano que me enviou un amigo nun correo. Procureino logo na rede, e aquí está a ligazón: http://www.diariodelsurdigital.com.ar/Me-cai-del-mundo-y-no-se-por-donde-se-entra. Recomendo a súa lectura. E o pensar como evitar algúns feitos que se comentan nela. Sobre cousas materiais e non materiais. E sobre a crise, económica, ambiental, … que…
Primeira parte do pleno de 20100510. A primeira moción foi do PSOE sobre o plan de transición á TDT, para istar á Xunta a obrar segundo o convenio co estado. Foi calificado de extemporáneo por UPRi (a TDT xa está en marcha) e o PP preguntou se tiña que poñer cartos o concello…
AVV O Tesón Nota de Prensa Presentación libro Pablo Mosquera Co gallo da recente aparición do libro de Pablo Mosquera ‘Senderos para el viajero’, a Asociación de veciños O Tesón, en colaboración coa Asoc. Os Aventados e coa Casa das Letras de Ribadeo, propicia un acto de presentación do mesmo o venres 21 de maio…
Un compañeiro fíxome notar un pequeno articuliño de Almudena Grandes onte no El País, Epílogo. Pode que non diga nada novo, mesmo que lle falten cousas ilustrativas. Pero a redacción permite facerse unha idea do sentemento non xa de frustación, senón da percepción social en relación á crise que nos azota.
Cun máximo de 16 asistentes de 9 ó comezo de rogos e preguntas, ás 10 menos 5 da noite, transcorreu onte o pleno de maio. Unanimidade nos primeiros puntos da orde do día: a aprobación da acta anterior, as resolucións da alcaldía (onde foi preguntdo por UPRi o motivo de poñerlle a un…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (266) José Mª Rodríguez (387) Medio (971) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1458) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (123) ría (161) sanidade (104) sociedade (3344) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (72) Ángel Alda (100)