
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
En Burela, esta vez, con petición de cárcere e forte compensación económica. Mentras, en Ribado, a pesares da crise, a pesares da condena ó concello hai máis dun lustro, a cousa segue. Con menos intensidade, si, pero segue. Incumpríndose a insonorización, a obriga de manter portas pechadas ou o horario de peche. Incumpríndose o sacar…
Volto seguir o fío do pleno do pasado 15 de novembro para rematar. A ordeanza reguladora da axuda no fogar foi aprobada por unanimidade, pasando á modificación das taxas por auga, saneamento, lixo, piscina e vertedoiro de escombros. Son precisamente as taxas dos servizos que levan empresas. A todas aplícaselles o incremento de 1,15%, ipc…
O establecido legalmente é a realización dunha campaña eleitoral. A partir de aí, os partidos agrandaron o nicho temporal de captación de votos de diversos xeitos, de forma que hoxe case pode falarse da campaña contínua, dunha a outra elección: non se goberna, estáse en campaña. A frase anterior é unha esaxeración premeditada, pero con…
Nestes momentos xa se está a traballar para evitar a perda dun patrimonio ribadense. Unha denuncia, unha posta en contacto con O Tesón, chamadas diversas dende a asociación para entrar en contacto con representantes municipais, desconcerto inicial e actuación actuación decidida, e agora parece que as cousas van tomando un rumbo de recuperación do que…
… tanto que as preguntas do final non se contestaron: eran xa perto das 12 e os señores concelleiros pensaron que non había ninguén atendéndoas, polo que pediron que se pasara delas. Estaban equivocados (non quedaba ninguén ‘visible’ de O Tesón, pero si alguén esperándoas). Claro que, despois dun pleno de perto de 4 horas,…
Comecemos a historia hai cousa de dous anos… O Tesón promove un estatuto de participación cidadá, preséntao á Mesa de Asociacións para tentar consensualo, e logo é presentado no concello. Ou comecemos aínda máis aló, hai perto de 6 anos, na primeira xuntanza das que se lle chamou ‘Mesa de Asociacións’, seguida dun intento continuo…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)