• Pequenas cousiñas, un feixe de novidades…

    No verán, as actividades e a actividade acumúlase en Ribadeo. Tamén ocorre de cando en vez noutras épocas, pero por excelencia, o tempo que lle corresponde á acumulación é ista época do ano. Unha época na que non se para nin de noite nin de día, como remata de querer certificar nun comunicado a asociación…


  • Un pregón e un libro

    Paso a dar o aviso de que xa está dispoñible en Publicado en Ribadeo o discurso do pregón da festa das Cruces de A Ponte, en Arante, deste ano (primeiro que se fixo pregón) e o libro sobre o Megalitismo en Trabada, ambos de Emilio Piñeiroa Lozano.


  • Unha cita multiaplicación, un xogo.

    Sabido é que en Ribadeo hai algún documento de aplicación que se votou no wseu momento sen quitar os puntos suspensivos do documento tipo. Por exemplo, o regulamento do ruído. aplicando o mesmo tipo de acción, deixo unha cita á que lle saquei certas verbas. a súao orixe, máis tarde en comentario: “Cando … foi…


  • Ribadeo non é Asturias, un paso máis de cesión.

    Remato de unirme a un grupo en Facebook, invitado por Fátima: “Ribadeo no es Asturias”. E é que resulta que, en Facebook, polo menos nalgunha situación, é asignado de xeito automático en Facebook a Asturias. Quizáis quedaría crear o mesmo grupo en galego, pero déixollo a outra xente. Se a algúen lle fai falta algunha…


  • Unha carga no verán, diversificando actividades

    Deixo unha pequena nota para dicir que xa están en unha sección de publicado en Ribadeo os pregóns de diversas festas, entre eles, doce cargados onte da xira, incluído o último, de M. Carmen Rodríguez Cancelo.


  • Á beira da ponte dos Santos e á súa sombra

    Á beira, un esquema da parte máis externa da ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo. De esquerda a dereita vese a calzada dos vehículos, a protección que a limita, unha farola, o valado de separación co paso de peóns, o espazo do paso e a baranda. Cando se fixo a ponte, había unha…


  • Son forte

    Son forte. Sonrío. Estaba lendo a prensa e atopeime cunha cita, atribuída a Alphonse Daudet: “O odio é a cólera dos débiles”. Noutros sitios aparece traducido como furia, en troques de cólera. Non odio. Teño forza abonda como para estar seguro. Entendámonos: non se trata dunha seguridade material, ou mesmo de imposición de ideas. Non,…


  • Os grandes son os que van dentro

    Onte foi a presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’. Coa Oficina de Turismo ateigada de xente, con algún destacado como Chole, porteador durante longos anos (un dos ‘grandes que van dentro’ aludidos na portada do libro) e facedor dun dos cabezudos -Mortadelo ou filemón, non me lembro agora-, Gilberto e Benjamín foron acompañados da…


  • Xullagosto

    En Ribadeo, máis que falar do verán habería que falar do xullagosto: unha época que comeza con xullo e exténdese algo máis aló do fin de agosto, abranguendo en certo xeito todo o que duren as festas patroais. Así, hoxe, 16 de agosto, marcaría un difuso comezo do último cuarto extendido do xullagosto ribadense. Aquel…


  • O centro da ría de Ribadeo

    Dicir cal é o centro dunha ría non é doado. Non só porque pode haber diferentes criterios de definilo, que levan a puntos tamén diferentes, senón porque a marea fai que o centro se poda considerar variable, viaxeiro dentro dunha zona. Así, o ‘centro’ convírtese tanto nunha especie de elección persoal como nunha referencia. No…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1013) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (538) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (559) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (130) paz (179) pensións (96) plenos (223) política (1448) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3314) Suso Fernández (161) tecnoloxía (160) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)