• En todas partes y en todas épocas los conductores de hombres son prometedores de paraísos.

    O título é unha cita do final da sección catro do apartado catro de ‘El árbol de la ciencia‘, de Pío Baroja. Non me vou meter coa novela, que coido interesante, por certo, senón co seu significado. Poderiamos meter ós políticos na clase de ‘condutores de homes’? Consulto en internet o diccionario da Real Academia…


  • Medio ambiente

    Coido que é unha cousa a ter en conta en Ribadeo. Deixo en ‘publicado en Ribadeo‘ o tríptico das xornadas de medio ambiente que comezan mañá.


  • A Xunta … e os demáis

    Collo unha nova xa algo vella: A Xunta convoca a mesa do leite. Sigo a ler. E resulta que é tras presión gandeira. Antes, reunírase coas empresas en diversas ocasións, sen tanta cousa mediática, dixou marchar o poder das empresas fóra de Galicia, non se preocupou moito do prezo do leite (nin o subvencionou como…


  • Para unha valoración das festas, feiras ou a invasión okupa

    Onte en Onda cero participei nunha tertulia con dous temas principais: a avaliación das festas e a pre campaña electoral. Coido que, mellor que poñer só a miña opinión, é facer un resume de cousas que alí se dixeron (ainda que, en lóxica, lembrareime máis das cousas que eu mesmo dixen, e aproveito para poñer…


  • Hoxe é festa en Ribadeo

    Para moitos, sen máis, é día de desfrute. Pódesenlle poñer algunhas condicións acompañantes, como o facer o paseíño e atoparse a máis xente desa que se ve de cento en vento, pero, sinxelamente, día de desfrute. Para algúns, será o día do síndrome da volta a normalidade (xa sexa polas vacacións, polo despexe do parque,…


  • Ribadeo ten necesidades adultas

    1992: Ribadeo perde a rama sanitaria de FP… un feito, como outros moitos de perdas que leva Ribadeo. Eficiencia na xestión, alégase unhas veces. Aforro de cartos, outras. Non hai xente abonda (conxunto das dúas anteriores, dando un rodeo), aínda outras. Mentres, segue a derrama. Agora tocoulle o turno ó ‘Bacepa’, nome abondo malsoante que…


  • Festas patronais de Ribadeo, 2ª parte: pregón de Ángel de la Cruz

    Deixo colgado o pregón de Ángel de la Cruz, (o director de ‘os mortos va á presa‘) cedido por el o orixinal de lectura (e escaneado… pode ter algún erro…). Foi presentado por Alberto Moledo. Por certo, que voltará a rodar en Ribadeo, cun filme baseado na banda deseñada ‘Arrugas‘ (outras ligazóns: 1, 2, 3,…


  • Dentellada en Ribadeo

    Unha empresa de fóra, Dentellada, executará o derribo dos rochos ribadenses que levan 12 anos con orde de desaparición. O corporativismo non é só cousa de algún grupo de traballadores: tamén se da nas empresas. Algunha entrada máis sobre o mesmo: Titulares sobre Ribadeo;31 de marzo,data límite.html; Nun pleno; noutro pleno, …


  • Os vínculos culturais Galicia-Uruguay

    Onte foi a presentación do libro de actas do congreso celebrado entre Vilanova de Lourenzá e Ribadeo hai xa tres anos para afondar nos vínculos entre Galicia e o Uruguai, en particular a traverso das figuras de José Mª Alonso de Trelles y Jarén, o ‘Viejo Pancho‘ (na wikipedia en español, abondo máis extenso), e…


  • Publicado o libro da Seman Santa 2006 en Ribadeo

    Deixo a ligazón a este libro, xa vello, en Publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)