Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Cae auga a mazo. Este mércores anunciose mercado a pesares de ser festivo, o que en xeral faría que non o houbera, para aproveitar a afluencia de visitantes destes días. O que chove vai propiciar que non se aproveite moito. Non sei quen estará agora no mercado, pero estará enchoupado. E, pola previsión, a cousa…
Pleno de xente. Parece que na fin de semana non houbo moita, pero onte á tardiña houbo momento que non se cabía. Aproveitamos para ter 238 sinaturas máis a prol da recuperación do xulgado en Ribadeo (a falta de máis follas…) Aquí, sobre o xulgado en ribadeando.
Achegándonos ó que proclaban os ‘carteis do Caudillo’, contando os anos de paz, a Constitución polo momento segue adiante. Non considero a nosa consitución nin moito mellor nin moito peor que moitas outras. Hai quen a alaba e quen pide o seu cambio nalgún artigo xa, e quen ambas cosas ó tempo. Hoxe estamos de…
Despois da saír á palestra coa denuncia do que pasou coas vidrieiras do cemiterio, tal parece que o tema quixera pasar desapercibido: un único artigo na Comarca, de Pancho Campos, despois da fin de semana no que saía a nota de O Tesón e o artigo no meu blog. As fotos (públicas, en flickr ou…
Pódese ver en moitos lugares. Aí están as bandeiras, por exemplo, e a súa imaxe de punta de lanza nacional ou borreguismo, segundo casos. Ou a barreira psicolóxica dos 10 000 en Ribadeo, que despois de ser alimentada para tentar facer dela un límite a superar, agora resulta algo a borrar, a desfacer… despois de…
Aínda está recente o concerto de Sta. Cilla cando sae na prensa unha vista contra o concello por unha querella presentada polo ex-director da escola (á que resulta que chegou tarde, fastidiando toda posible argumentación pola súa parte) e agora transcende que alguén entrou na escola, sen forzar a porta, e fastidiou o instrumental dun…
Unha nota que parece só atinguir ós ribadenses: o marquesado de Ribadeo xa pasou, vía BOE, ó fillo maior de Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo, Leopoldo Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín, novo Marqueś de ‘la ría de Ribadeo’. Así temos un título nobiliario que fai honra ó nome oficial da ría, denostado en moitos lugares. O irmán do novo…
(Publicado na comarca del Eo o 20101127 (en conexión coa nota de prensa de O Tesón e con “Un momento, pero … non había vidrieiras aí?“) BRUTALIDADES PATRIMONIALES Ribadeo, un pobo sensato, eminentemente liberal… arrastra desde séculos os errores dos gobernos municipales, producto de un tino pouco táctico no manexo dos negocios públicos. De ningunha…
Deixo a carón o folleto de información do concerto de Sta. Cilla de onte (pódese ampliar a imaxe premendo co rato), e abaixo dous fragmentos de son. O concerto, no auditorio Hernán Naval, compensou o non chegar a media entrada coa calidade, que o público recompensou en xeito de aplausos. Churumbelerías, de Emilio. Cebrián Ruiz,…
En Burela, esta vez, con petición de cárcere e forte compensación económica. Mentras, en Ribado, a pesares da crise, a pesares da condena ó concello hai máis dun lustro, a cousa segue. Con menos intensidade, si, pero segue. Incumpríndose a insonorización, a obriga de manter portas pechadas ou o horario de peche. Incumpríndose o sacar…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)