Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Collo emprestada unha cita: “Este espectro non choveu do ceo: é unha manifestación natural e unha consecuencia inevitable da fase histórica que atravesa actualmente o sistema ó que ese espectro atemoriza. É dicir, creouno o feito de que unha parte deste sistema non pode xa, dende hai tempo e por mil motivos, seguir baseándose na…
Coido que a nova de hoxe en Ribadeo está clara: o alcalde apura a rebaixa de alturas ilegais. Con maioría absoluta está visto que se poden facer moitas cousas, ó tempo que outras posibles quedan no caixón das antigüidades ou das cousas caídas no limbo. E á actual alcalde hai que recoñecerlle que pasiño a…
Para evitar a depresión dos lectores, ligo tres viñetas dun mesmo dibuxante: Viñeta 1 Viñeta 2 Viñeta 3 Quizáis negro, pero humor … 🙂
Onte pola tarde/noite, a auga en Ribadeo non se podía beber. O sabor a lixivia era tal que facía botar fóra a que se bebera. Chegaba con cheirar o fondo dun vaso para ver que algo non ía. Ó lavar as mans, quedaban suaves sen neceisade de xabón. Coido que houbo quen tentou ducharse e…
Pasaron as festas e parece que entrou a seca informativa, e non só porque máis xornais se decidiran a atrasar as novas que colgan libremente en internet respecto ás que aparecen no papel. Trata máis ben de que a transparencia con que se fan as cousas está a sufrir un novo retroceso, do que é…
Só 160 000 €, unha ganga de céspede artificial foi instalado no patio do C.P. Gregorio Sanz. Xa é usado por 180! alumnos da escola de fútbol (fútbol 7, que o campo é pequeno), a pouco menos que 1 000 €/alumno, que diminuirán ó ser usado por sucesivas xeracións de balompedistas. E ata os políticos…
Coido que debo poñer unha ligazón sobre algo no que estou totalmente de acordo.
Esta noite, ás 4 da mañá, largaba amarras o último buque feito en Gondán para Fratelli Neri. Na páxina da empresa italiana armadora aparece como tarxeta de visita a imaxe dun barco anterior co fondo da illa Pancha, o Costante Neri. Facendo país polo mundo, o Guardian Neri siau feito con mans dos nosos veciños,…
Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde…
Onte foi a sorpresa para os nenos. Xoguetes, a pesares da crise. Para algúns, significativamente menos que outros anos. Outros, nin o notaron. Moitos, continuaron alimentando unhas reclamacións esixentes como reis da casa e da sociedade que efectivamente son. O discurso real da noite anterior xa o deixaba claro en Ribadeo, que había que loitar…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)