• Medallas

        Onte foi día internacional, tamén en Ribadeo. Por fin, varias medallas olímpicas nun só día. E non só iso, senón que unha, a de David Cal, é reclamada por algúns medios como de tintes mariñáns (lembrarei cando vaia en bicicleta, ou nade, ou corra, que o meu esforzo ten parte nunha medalla olímpica …).…


  • A manifestación de afectados polas preferentes en Ribadeo

    Dous anacos da súa protesta hoxe mesmo (ó fío do mediodía) diante de NCGB, a antiga Caixa Galicia. Caras coñecidas e outras non tanto. O alcalde, sen integrarse totalmente, seguindo o paso da protesta.


  • Os tesóns da ría de Ribadeo

    Esta tempada é boa para observar os tesóns, con mareas baixas das máis baixas do ano. Onte mesmo tomei as fots de abaixo e algunha observación máis, como a profundidade en baixa dos dous puntos marcados no mapa do sigpac perto do peirao de Mirasol, en situación aproximada (quizáis o punto negro debera estar lixeiramente…


  • Pascal, citado por Galeano, traído aquí a conta da crise

    “A boa política coñece este segredo: como facer morrer de fame ós que permiten vivir ós demáis” (En E. Galeano, ‘Los hijos de los días’, Setiembre 5) -a cursiva é miña- E Pascal non foi considerado un profeta …


  • Millor, mirar a outro lado

    Por exemplo, fóra da Terra, a uns 260Mkm, onde hoxe a Curiosity chegou a Marte para proseguir unha últimamente de capa caída investigación espacial. E é que, se aquí a nivel Ribadeo imos quedarnos sen algunhas conexións de tren, e ademáis haberá trens que non chegarán, como os que circulen polo longamente anunciado pero cada…


  • A piques de rematar o día

    Temas posibles, a antropoloxía da xira (de novo), o atardecer coa luz marabillosa sobre a ría de Ribadeo, … ou a lembranza de que ata o momento este 6 de agosto, vaian 67 anos dende a morte da humanidade en Hiroshima. Desto último só vexo en toda a rede que frecuento unha entrada de Noam…


  • A festa contínua continúa

    Primeiro fin de semana de agosto. Xira, Festa do percebe en Rinlo, do Emigrante de Barreiros, do Bonito en Burela, Resurection fest en Viveiro … E só é unha continuación das da semana pasada e antelación das da seguinte, en sucesión día-noite-día ou noite-día-noite, de sorrisos, ou viño, ou música (mesmo da ratoeira que soaba…


  • Marcas

       Publicado o 19961231 na sección de A Mariña / El Progreso, e premiado pola Asociación de Consumidores, lembreime do artigo hoxe mesmo a conto dunha nota en Facebook de Suso López, en relación a iste artigo da Vanguardia. Aí vai pois …   Marcas     As primeiras marcas das que oín falar pode que…


  • Presentación do libro de Primi Nécega

    Abaixo deixo por partes a longa presentación do libro de Primi Nécega, onte, no cine teatro, por sete oradores, incluída ela ó final e comezando polo alcalde. Coido que o libro en xeral gustará, con contos suaves e sinxelos, ó tempo que enraizados nun pasado mariñán non tan lonxano. En canto á presentación, case tres…


  • Unha pregunta para pensar tranquilamente no verán, sobre un contraste

    En Alfoz non abren garderías porque non hai nenos. En Ribadeo, non abren asilos porque sobran vellos?


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (934) economía (1019) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (140) Festas (136) filosofía (544) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (135) historia (566) Illa Pancha (266) José Mª Rodríguez (387) Medio (971) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (135) Pancho Campos (132) paz (197) pensións (96) plenos (226) política (1458) Recuncho da lectura (83) residencia (131) ruído (123) ría (161) sanidade (104) sociedade (3344) Suso Fernández (167) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (72) Ángel Alda (100)