
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5. Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo…
Luns pola mañá. Parece un día diferente por iso de vir despois da fin de semana. Moita xente sínteo como tal. Mirando cun pouco de obxectividade, non o parece. Poden saír novas ou comentarios como o de hai poucos días de Pablo Villapol no El Progreso,pois carnavaladas, nestes tempos, estamos a vivilas xa non a…
O paso do 14 de febreiro, San Valentín, é tan bo como calquera outro para facer unha comparativa meteorolóxica do que vai de ano. Máis, se tamén, co mércores de cinza, rematou o básico do antroido e se remata de desprenderse un importante volume de rocha nas catedrais. Así, no que levamos de ano, a…
Coinciden no tempo dúas viaxes de representantes da Unión (Europea, iso que os medios seguen a chamar -non sen certo aquel de chamada cara ó vello ‘mercado común’-, ‘comunidade europea’, e ós seus representantes, ‘comunitarios’) a Galicia. Un, de varios, polo mal estado das rías atlánticas, non nos toca a nós, a pesares da denuncia…
Ó fío da entrada anterior, deixo algo que faría rir, se non fora porque aumenta a indignación: O Tribunal de contas desaconsella que os partidos políticos entren na lei de transparencia. A resaltar que o Tribunal está controlado por PP e PSOE, logo alonxado dos cidadáns alomenos por listas cerradas e eleccións ó cargo propostas…
Que aquí teñamos que ver ó Presidente por pantalla mentres en Nova Iorque lle poden facer preguntas (en Spanish, please!) foi un adianto do antroido nestes lares. Onte, en pleno antroido, unha vitoria: a iniciativa lexislativa popular sobre a dación en pago foi aceptada a tramitación, fronte ó aviso anterior do PP que ían rexeitala…
Ligo o pregón do antroido cargado polo pregoeiro, Suso López, Susín de Remourelle, con referencia ós cantares de cego, ” Xa está na rede o pregón que ofrecín no Entroido de Ribadeo 2013… Unha homenaxe ao cantar de cego e ao espírito satírico do Entroido… Imposíbel facelo sen a colaboración do Cuarteto Tradicional Illa Pancha……
Despois do ano pasado, ó chegar esta época, sería de esperar que o esprito do antroido poidera levar á xente, en xeral, a amosarse como é. Así, por exemplo, levaría ós corruptos a amosar a súa corrupción sen cortapisas. Mais, ó chegar, o que se ve é que a corrupción está xa tan á vista,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1014) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (539) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (559) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (133) Pancho Campos (130) paz (180) pensións (96) plenos (224) política (1448) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3316) Suso Fernández (162) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)