• A Galipedia, 10 anos xa: actividade en Ribadeo

    –> Nota de prensa A Galipedia, a versión galega da wikipedia, cumpre 10 anos o próximo 8 de marzo. Despois de aparecer a wikipedia no 2001, o 8 de marzo de 2003 o usuario ILVI, lingüista norteamericano, creaba a primeira versión da portada da Galipedia e, cinco días despois, o primeiro artigo, dedicado á conxunción…


  • AVV O Tesón: unha lembranza de 10 anos

    Hai dez anos, o 26 de febreiro de 2003, mantíñase a primeira xuntanza, da que saiu a Acta Fundacional da AVV O Tesón. Foi no Cantón Bar, comezando ás 20:00 e participando Concepción Redondo Lastra, Pedro Monteserín Díaz, Gilberto Suárez Méndez, Antonio Gregorio Montes, Pedro Moreda Marful, Mª Aurelia Rodriguez Rey e Amadeo Arango Moreno.…


  • Lendo actas de plenos da corporación ribadense

    Hoxe vin que estaba publicada xa a penúltima acta de pleno do concello, correspondente a xaneiro (curioso, cando aínda non o está a de xaneiro do ano pasado -a parte de non saber que estivera aprobada xa, sin ter un aviso en sentido de borrador-), e comecei a leea. Atópase na segunda páxina, punto primeiro…


  • Pasou o día de Rosalía

    O día, entre tristeiro boa parte e sorrinte soleado entre as nubes, deixou choiva e melancolía. En Ribadeo, rematou con algo inédito: foron moitas as persoas que se quedaron sen sitio no auditorio Hernán Naval e non puideron presentar ‘Os vellos non deben namorarse‘, representada polo colectivo Ollomao. Fun un deles: pouco antes da hora…


  • Rosalía, auga e Ribadeo

    Hoxe, para celebrar o nacemento de Rosalía, chove a cántaros en Ribadeo. Cantou moitas veces cousas relacionadas coa auga, abondante na nosa terra. Onte lembreino ó pasar polo encoro do Lexoso, onde se xunta ó Noceda. Un sitio bonito abofé, pero que hai tempo que deixou de servir a Ribadeo como merece pola colmatación do…


  • Seguindo o debate dende Ribadeo

    O estado da nación non necesita debates sobre o pasado máis que para aprender da historia. Evidentemente, non para escamotear o presente. Así, non é de extrañar que a audiencia do debate poida ser mellorable, ou que se fixera un oco nas novas a querella  contra Bárcenas por parte dunha asociación de dereitos humanos, enfocada…


  • Que non ía suceder? Pois sucedeu! Nota de prensa da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña

    A XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA EN LUGO ANUNCIOU HOXE Á XUNTA DE PERSOAL DE PRIMARIA NA PROVINCIA QUE O DECRETO DE XESTIÓN INTEGRADA EMPEZARÁ A APLICARSE NA PROVINCIA NO PRAZO DUN MES. A PLATAFORMA ACUSA AO PP DE MENTIR SOBRE O MANTEMENTO DA AUTONOMÍA DA MARIÑA E CHAMA Á POBOACIÓN A MOBILIZARSE PARA IMPEDIR O…


  • Os cambios de normas electorais e Ribadeo

    Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5. Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo…


  • Contrastes

    Luns pola mañá. Parece un día diferente por iso de vir despois da fin de semana. Moita xente sínteo como tal. Mirando cun pouco de obxectividade, non o parece. Poden saír novas ou comentarios como o de hai poucos días de Pablo Villapol no El Progreso,pois carnavaladas, nestes tempos, estamos a vivilas xa non a…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (152) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)