
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Hoxe vai algo de Ribadeo que me chamou onte a atención: quen fai a decoración das bolsas cónstame que o fai por gusto, pero non por iso deixa de ser un modo de aproveitar o tempo creativo non só en sentido artístico, senón de promoción dun negocio. A primeira bolsa ten unha decoración máis convencional,…
Si, chove a cántaros. Estamos no tempo. Un percebeiro furtivo foi ó mar e o mar levouno. As ondas son bonitas e perigosas. Vai frío. Estamos no inverno. É natural. Pero, falar do tempo? Non hai outras cousas? Xa se solucionou a Sanidade e artellou unha mellor educación? Os corruptos foron xulgados e condenados? Deixou…
Non, non é ouro todo o que reloce. Amósase día a día. E cando algo asemella relocer como ouro, imos averigualo. Chámanos a atención. Agachámonos para remover un pouco a terra, para coller o que parece, … é dicir, facemos un pequeno esforzo. Si, é chamativo para nós. Agora, fagamos unha tradución a aunha empresa…
Onte houbo pleno. E pregúntome, quen o poderá contar dun xeito obxectivo estando interesado polos temas do pobo? Cánta xente iría? A atracción dos plenos segue coma sempre, desaparecida (feita desaparecer) coas excepcións de intereses particulares ou gremiais (particulares dun pequeno conxunto) De novo, o salón de plenos recibiu un tratamento de temas públicos cunha…
Comeza xa Fitur. Por alí se pasará diferente xente de Ribadeo. Como preparativo, sae hoxe no xornal a concesión da Q de calidade ó Hotel O Cabazo. E días antes, a páxina/iniciativa Ribadeo Birding anunciou a súa candidatura ós premios afiprodel, votables en internet (coma quen di, xa sabedes), algo que foi apoiado por unha…
Ordeando vellos papeis, hai pouco que me atopei coa obra de teatro ‘Comunicando (Traxi-comédia com parabellum. Nun acto)‘, asinada por Hernán Naval e publicada no 1990 na ‘colección de cadernos da escola dramática galega’. Queda en Publicado en Ribadeo. — Nota posterior: O lugar de ‘Publicado en Ribadeo’ deixou de existir por decisións da compañía…
Remato de ler en Crónica 3 o artigo Foz: 105 anos con luz. Hai anos (coido que polo 98, pero non din procurado referenzas) pasei pola exposición ‘E a luz fíxose’ en Santiago, conmemorando os cen anos da instalación de luz electrica na cidade. En Ribadeo non coñezo a historia correspondente, pero ten que andar…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (207) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (74) Ángel Alda (100)