• Bicheando pola ría de Ribadeo

    Hoxe só unhas verbas para referirme a unha entrada concreta nun blog ó que cheguei por varios apuntes no facebook. Trátase de ‘Bicheando pola ría de Ribadeo‘, do blog ‘Bichos e demais familia’, onde se poden observar algunhas especies da nosa fauna, complementando entradas do xa citado abondas veces ‘Ría de Ribadeo‘.


  • Vistas insólitas

    O refrán en castelán ‘marzo ventoso y abril lluvioso sacan a mayo florido y hermoso’, coas chuvias e vento deste ano, lembráronme uns cantos frontes de casas ribadenses que adiantan a súa primavera particular. Deixo dúas fotos dunha casa que este ano ten o seu xardín colgante especialmente frondoso, e que, por estar en obras…


  • Paraugas de vidro

    Quizáis fora boa idea facer os paraugas de vidro: veríase todo o noso arredor, sen cortapisas, illados e protexidos dunha choiva que ó tempo, admiramos e quereriamos que nos empapara protectora. Quizáis. Pero sabemos que, a parte de problemas técnicos, como a dobrez do vidro coas actuais formas de paraugas, por exemplo, o caso é…


  • De novo, todo para o pobo, din, pero sen o pobo (isto non)

    Houbo pleno en Ribadeo. Foi o día de san Xosé, o martes 19. Nota do concello, o 20. Nos xornais aparece o 21 … Asistencia? Dos edís, (suponse) completa [Nota posterior: en realidade faltou algún por motivos profesioanis]. Da cidadanía, inexistente. Parece que se aprobaron cousas para mellorar a vida dos ribadenses. Sen eles, porque…


  • Ouro e vontade

    O ouro cambia vontades. E a presión, tamén. Onte aparece no xornal o descobrimento dunha antiga mina de ouro no límite entre os concellos de Barreiros e Foz, que se está a tentar protexer mediante a correspondente petición a Patrimonio. A distancia semellante de Ribadeo, pola outra beira, tamén por unha mina de outro, esta…


  • Volta periódica ó século XIX: o tema da luz en Ribadeo

    Voltou a suceder. A pasada fin de semana, o venres ó comezo da noite, unha boa parte de Ribadeo quedou sen luz. Dependendo do lugar, afectou só ó alumeado urbano ou tamén ó interior. Non levo a conta, pero coido que esta tempada outono-inverno houbo cortes de diferente duración ata en catro ocasións, e mesmo…


  • Unha fin de semana de armas tomar e barbas remollar

    Galicia é Galiza? Dende hai tempo, si e non. Si, por representar a mesma cousa, non por facelo a traverso de diferente idea dela. Coa asamblea do BNG esta fin de semana, a separación entrambas vai aumentando, personificando no nome unha ruptura que noutros lugares non ten tal personificación. E abocando, cara ó futuro, a…


  • Unha curiosidade sobre o hospital da costa

    A coordinación dependerá de Lugo e os veciños estamos a recoller sinaturas de protesta e para a ampliación. ‘De Santiago’ (así, impersoal, pois resulta que o presidente da Xunta anda por detrás pero os ‘datos’ no seu apoio parece que os poñen outros) dínnos que xa hai feito un estudo de cánto pode costar a…


  • Tamén ti, FEVE, meu fillo!

    Parodiando a César cando todos estaban no complot para asasinalo, deixo unha nova que me pasa Moisés Gómez na Voz de Galicia de O Ferrol sobre o futuro da liña de FEVE. Só apuntar, xunto coa nova, que están construíndo un ramal, subvencionado, en Navia, aínda que vaia moi lento, e ó meu ver, todo…


  • Estrela Galicia vs Citroën

    O partido é hoxe: emocionante. Dúas empresas afincadas en Galicia compiten de novo nun partido de fútbol. Que sexan de campos comerciais diferentes non importa: o caso é que saian moitas imaxes das camisetas pola tele. Para iso, teñen que estar preto do balón, e máis nas situacións máis emocionantes ou complicadas: as que esixen…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (896) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (135) filosofía (530) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (546) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (379) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (134) pensións (94) plenos (221) política (1430) Recuncho da lectura (59) residencia (129) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3246) Suso Fernández (141) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)