Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Vexo as fotos da semana santa infantil de Viveiro e lémbrame o antroido. Si, debe ser curioso ver os cativiños pequenos facendo de maiores, xogando a selo, nunha mistura de disfraz de antroido e arte sacro corrupto, convertido ó paganismo. Será porque non o entendo, pero diría que se a igrexa católica, esa estrutura temporal…
A estas horas da mañá, o vento zoando anuncia outro día desapacible, concordando non só coa negrura que se observa, e polo tanto, coas nubes que invisibilizan as estrelas, senón tamén co termómetro na zona fría e cos prognósticos feitos estes útlimos días e aventados nos medios. Frío, vento, choiva, acompañarán de novo o decorrer…
Onte produciuse a imputación da infanta no caso Nóos. Hoxe aparece na prensa como nova de ribadeo a falsificación dun documento oficial dunha rapaza no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional). Os casos non parecen ter moito en común, pero teñen certos aspectos que serven de comparación. O primeiro, o impacto mediático. Está claro que…
De sempre, hai unha loita entre o inmediato e o contínuo. A importanica de ambos balancea ora cara a un tipo, ora cara o outro. Recién rematada a semana santa (ou Semana Santa) quedan as noticias da choiva (como eu mesmo, onte), da ocupación hostaleira satisfactoria, da pegada importante das catedrais, e, como é costume…
Ás veces, din, unha imaxe é moito máis explícita que mil palabras. A gráfica de hoxe podería ser un exemplo. Coido que é abondo ilustrativa por si soa, pero por se acaso, representa a choiva caída ó longo do ano en cada ano dos que levamos do século. A liña máis grosa representa ó ano…
8:00 da mañá. Ceo despexado, temperatura suave, rúas con restos de choiva, ambiente agradable, con paxaron gorgullantes, pero sen xente. Así pode ser Ribadeo e era esta mañá. 8:15. As rúas comezan a ter inquilinos. Non só persoas, tamén coches, brancos, repartindo o pan, ou cor oliva, patrullando pola peonil. O limpacristais adianta o seu…
Esta semana santa, ó igual que a anterior, e a anterior, e a anterior, … rebosan auga. Así o testemuñan a estación meteorolóxica de Pedro Murias ou a do IES de Ribadeo, e mesmo se fai eco do alcalde no vídeo abaixo. Hoxe, nestes momentos alomenos, está a facer un tempo moi bo, pero parece…
A semana santa, dende hai tempo, ven constituíndo un motivo de viaxes a/dende Ribadeo. Este ano, por mor da choiva, tamén algúns animais desprázanse para non quedar anegados na terra. É o caso da miñoca do vídeo. O vídeo non é moi claro, pero apréciase o movemento dos aneis e o lento avance do animal…
Pazo de Tovar, Vilanova de Lourenzá. Ver mapa más grande Antonte chegoume das mans dun amigo o libro ‘El Pazo de Tovar, espacios, perspectivas y tiempos‘, que foi presentado venres en Vilanova no marco dunha xornada sobre o Pazo de Tovar, en restauración dende hai algún tempo e que para o verán terá xa unha…
Podes contribuír, axudar a poñer detalles, corrixir, … de xeito libre, como o seu uso… a partires de aquí, aprender a colaborar, … poñer no mapa os restos arqueolóxicos que tes preto da casa, dar nome ó rego que pasa por diante, sinalar rutas para ti ou abertas a todos, … Ver mapa maior
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (253) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (896) deporte (60) economía (1000) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (134) Festas (135) filosofía (530) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (546) Illa Pancha (262) José Mª Rodríguez (379) Medio (944) Meteoroloxía (92) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (134) pensións (94) plenos (221) política (1430) Recuncho da lectura (59) residencia (129) ruído (118) ría (160) sanidade (98) sociedade (3246) Suso Fernández (141) tecnoloxía (152) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)