
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Nota de Prensa: Presentación de Ribadeo en Común O vindeiro xoves 5 de febreiro a plataforma cidadá Ribadeo en Común presentará ante os medios locais o seu proxecto para que haxa unha candidatura veciñal nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A presentación terá lugar ás 10:30 da mañá no antigo Lavadoiro da rúa…
Soa máis ‘cool’, pero o de cidade intelixente é máis próximo. Debera. En canto a Ribadeo e a intelixencia cidadá, coido que imos un pouco retardados no que a aplicacións tecnolóxicas se refire, pero visto o visto, coido que non é o máis interesante dunha vila intelixente. Máis que a tecnoloxía aproveitada, que tamén contribúe…
Ven sendo algo cíclico, o do falar do lixo. Producimos moito (en Ribadeo, enviamos ó lixo cousa de 1 kg diario, co que completaríamos un peso igual ó noso en 2-3 meses) e literalmente non se sabe que facer con el. Nin aínda cando temos unha recollida como en Ribadeo se evitan situacións como as…
Polo que parece, a campaña de promoción turística de Ribadeo en Fitur este ano é un éxito completo. Remítome ás notas de prensa e conseguintes publicacións. Dende Ribadeo, tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos. É natural. Pero a día de hoxe, a piques de rematar Fitur,…
Cando faltan algo menos de tres horas para rematar o mes, miro as estatísticas do blogue: 2 631 páxinas vistas en Ribadeando. Iso fai… unhas 85 visitas diarias. Non está mal para un blogue de ámbito (territorial, temático, …) abondo limitado coma este. Que, con altibaixos, está tendo agora un número de visitas diario dos…
Século vinteún, metade da segunda década, un país supostamente do primeiro mundo, e a nova do xornal indica que haberá wifi gratuíto na estación de autobuses de Ribadeo… Por suposto, está ben que haxa wifi. Hoxe en día, é de supoñer que a estación teña máis dun ordenador, e iso xa non se concibe sen…
O título podería ser doutro xeito: ‘se queres ser libre, págao’. Coido que destoutro xeito, a consecuencia é máis clara: ‘porque terás que pagar o prezo da túa liberación, xa que non és libre’. A actual ‘democracia á española’ manifesta non ser igual para todos. As desigualdades son evidentes. Tanto, que mesmo hai ‘demócratas’ que…
Onte tiven (unha vez máis) a ocasión de ser espectador privilexiado. Entendámonos, o privilexio ven sinxelamente de ser espectador case único dun acto que é público e onde se deciden actuacións sobre a vida do conxunto de Ribadeo: o pleno municipal. Onte eramos dúas persoas as que estabamos mirando o desenvolvemento do pleno, co que…
De http://www.galiciadigital.com/opinion/opinion.12438.php por Xulio Xiz Antoñito do Constante mércores, 28 de xaneiro de 2015 Este amigo que xa descansa no cemiterio vilalbés chamábase Antonio Gregorio, pero como seu pai -Constante Gregorio- foi coñecido e estimado tratante en gando e carniceiro na capital vilalbesa, e Antonio ao terse incorporado a ese labor desde moi novo, os vilalbeses asignámoslle o…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (139) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (131) paz (187) pensións (96) plenos (225) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)