
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Venme o título, primeiro ler, logo pensar, dun dito latino ben coñecido: ‘Primum vivere, deinde filosofare’, primeiro vivir, logo filosofar, a conto de algo que lin onte. O de onte era unha páxina enteira de La voz de Galicia, na que o seu director Santiago Rey Fernández-Latorre larga unha longa perorata para rematar dicindo algo…
Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…
Pouco a pouco, a Asociación Cultural Casa das Letras recorre camiño dende a súa creación en setembro de 2011. Neste caso, por partida dobre: a presentación do novo libro potenciado pola asociación, o ‘Caderno de Viaxes Camiño Primitivo‘ será presentado en Lugo, na Galería Sargadelos hoxe mesmo ás oito da tarde. Na presentación, a máis…
Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…
Non se trata do asilo político, que daría tema para o antroido, senón do hospital asilo de Ribadeo. Recollo un comentario na rede de Javier Chao: Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o alcalde son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A quen llo temos…
Nestas datas cambiantes polo calendario eclesiástico celébrase a festa pagá cristianizada, e as novas son para o desenvolvemento do antroido ou entroido. O caso é que, sendo previsible, o antroido xa non é tal, senón festa, unha máis. Tomemos por iso como antroido do antroido o normal, o que pode ser raro neste tempo por…
Hai algún tempo, ribadeando ligaba un repositorio de documentos relacionados con Ribadeo, ‘Publicado en Ribadeo‘. Hoxe non, dito repositorio desapareceu e estou comezando a recuperar eses documentos. Entre eles, estaban diversos pregóns do antroido, como a peza que deixo embaixo que debía ser algo así como un adianto do antroido/entroido do futuro. Sirva como…
Os seres humanos somos en xeral simétricos, a esquerda e dereita, con pequenos defectos que fan esa simetría irregular. Cando a falta de simetría é evidente atopamos un caso raro, que tratamos de xeito diferente. Casos como os de alguén a quen lle falta un brazo, ou que tren unha chepa cara algunha das beiras.…
A modo de introdución ó antroido. O antroido non comezou aínda, pero xa está na mentalidade informativa e tamén entrou na cabeza da xente de xeito que aparenta unha excrecencia que tende a ocupar espazo e desocupar pois outras cuestións que o ocupaban. Todo en consoancia con que de feito amplíase de xeito elástico o…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (139) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (131) paz (187) pensións (96) plenos (225) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (67) Ángel Alda (100)