
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Antes de gustar dun arroz á cubana tento deixar unhas breves liñas a modo de crónica de época sobre o Ribadeo indianizado. Ribadeo indiano, concebido como festa de época, exitosa como calquera pode ver (e para ver, achegarse a Ribadeo, que o espírito aínda non é trasladable de xeito electrónico, do mesmo xeito que non…
Esta páxina: http://ephemeralp2p.durazo.us/84ed25a72c9c7565a1ca95b7cf73e3b7dceebd6120fbdd9fa33571fe43190fd7 autodestruirase cando deixe de haber persoas conectadas a ela. É unha experiencia nada en norteamérica este mesmo ano, que podes atopar aquí: http://ephemeralp2p.durazo.us/2bbbf21959178ef2f935e90fc60e5b6e368d27514fe305ca7dcecc32c0134838 (en versión transitoria, como esta) ou aquí: https://github.com/losvedir/ephemeral2/wiki/This-page-exists-only-if-someone-is-looking-at-it (en versión (máis) permanente. Ti podes crear unha, se queres. Mentres, a copia deste contido atoparala en http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/07/paxina-pasaxeira-experiencia-no-blog.html
Como aportación á festa indiana desta fin de semana, remato de tentar recoller os artigos relacionados coas casas de indianos e a torre dos Moreno que levo publicados no blog. Aí van varias ligazóns, resumidas e tendo en conta que aínda se completarán as listas con algunha máis que se me leva escapado hoxe: A…
Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…
A imaxe anterior está tomada da web ‘navegando mares de plástico‘. Cada punto representa 20 kg de plástico á deriva na superficie mariña. Vemos que as costas atlánticas están máis limpas, e canto máis nos adentramos no golfo de Biscaia, maior densidade de lixo. Hai un global estimado de 268 millóns de kg flotando á…
Curioso. Unha das empresas punteiras de Galicia, Zeltia, propietaria única de PharmaMar, emigra. Imaxe corporativa actual de Zeltia A nova xa non é de agora. Estaba prevista, como se pode ver nun memorandum da empresa, datado o ano pasado. Pero, que significa? Zeltia era unha empresa química galega, radicada en Vigo e xurdida a mediados…
Hai xa máis dunha semana que me chegou a ligazón a ‘consulta a débeda do teu concello’ en Praza.gal. Mirei e deixei pasar, pero conservei no navegador. Agora, pasado un tempo prudencial, e non vendo maior difusión, deixo os datos que atribúe a Ribadeo: 2014: 2 058,04 k€; 2011: 1 266 k€ Déixoo aí porque…
Son sinais de pouca cousa, pero repetidas. Pouco que ver coa nova de hoxe (en Ribadeo que a nivel internacional está o “non” grego), o Camiño Norte Patrimonio da Humanidade,que teremos que debatir para aproveitar e non estragar, na procura desde difícil equilibrio. Mentres, en Ribadeo, en fotos tomadas domingo á mañá, a primeira amosa…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)