
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Mañá xoves 28 de xaneiro está convocado o primeiro pleno ordinario do ano. E parece que o ritmo vai sendo pouco a pouco que se coñeza a convocatoria mediante internet: o documento de convocatoria, coa imaxe ampliable embaixo premendo co rato sobre ela, coma sempre, ou accesible de xeito directo aquí, indica en particular que…
Hai tempo falouse, insistiuse mesmo, en convertir a vía Ribadeo-Vilaoudriz en camiño (ver o ilustrativo artigo sobre a liña na Galipedia para saber máis dela). Xa está o tramo Santiso-A Pontenova, e outro tramo máis, na zona de Ría de Abres, podería ser convertido en vía peonil de xeito doado. Outros tramos soltos, como o…
A residencia de maiores de Ribadeo segue adiante. Comezouse ‘en precario’ ó non rematar de recibir o apoio pedido e apalabrado verbalmente pola Xunta, pero vai completando etapas dende que a colaboración veciñal convenceu ó alcalde de que tiña ó pobo detrás, e fixo posible unha comunión política entre os grupos do concello. Non ten…
Decídome a poñer a ligazón á nova do concello sobre catro contedores queimados na noite de domingo a luns. A foto do destrozo contrasta co arco da vella cara ó mar Cantábrico, ou a fina capa de néboa sobre os xeradores eólicos nos montes, que na imaxe parecen soportados por unha institución educativa e un…
Dende o blog pódese facer un seguemento da cesión da illa Pancha a mans privadas. E non deixa de haber novas. O pasado 21 de decembro remataba un prazo para presentar documentación no concello para o permiso de obras de cara á construción dun hotel, unha cafetería, aparcamento, fosas sépticas, barandilla… O caso é que…
XUNTANZA DE ASOCIACIONS ECOLOXISTAS DA RESERVA DA BIOSFERA O Diario Oficial de Galicia do xoves, 14 de xaneiro de 2016 publica a convocatoria dunha xuntanza que se celebrará na Casa da Cultura da Pontenova o proxímo día 27 ás 19, 00 h para elexir a dous representantes de Asociacións Protectoras do Ambiente que formarán parte…
Esta fin de semana foi a ‘Gala do Comercio’. Visto o visto, e como non podía ser doutra maneira, concluiu oficialmente o Nadal (non eclesiásticamente, que xa o estaba). Polo tanto, é de esperar que os adornos do Nadal sexan retirados en datas próximas. Aí van algunhas lembranzas deles: Estrela en Viejo Pancho Santa Claus…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (941) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (546) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (574) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (980) Meteoroloxía (94) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (138) Pancho Campos (132) paz (214) pensións (99) plenos (227) política (1461) Recuncho da lectura (86) residencia (131) ruído (126) ría (161) sanidade (104) sociedade (3375) Suso Fernández (170) tecnoloxía (164) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (76) Ángel Alda (100)