
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Atopo no correo a relación de estudantes en folga hoxe e mañá no IES de Ribadeo. Os pequenos tiveron que traer asinado da casa un papel polos pais, os grandes poden decidilo por eles, no caso dos de idade media (sempre falando de ensino secundario) os pais son avisados da folga. En calquera caso, terán…
Nun dos descansos, un ministro intentou tranquilizarme coas seguintes palabras: “Yanis, tes que comprender que ningún país pode ser soberano na actualidade. De xeito especial, se se trata dun pequeno e en bancarrota, como o teu”. O anterior saqueino do adianto editorial do libro de Yanis Varoufakis ‘E os débiles sofren o que deben’. Non…
Cinco anos, máis ou menos, é o tempo que comezamos a ser conscientes por estes lares do que levabamos vendo dende comezos de século: nun lugar primeiro, logo noutro, noutro… se van producindo e reproducindo protestas con formas cada vez máis recoñecibles e familiares, que en xeral non teñen por que chegar a causar o…
Hai case dous anos, o día 24 de xuño de 2014, colocábase a primeira pedra da nova residencia. Dous anos nos que o novo edificio foi tomando forma e aspecto, tanto no seu exterior como no seu interior. Neste tempo as obras foron visitadas en repetidas ocasións pola Comisión Municipal, formada polas forzas políticas locais…
Deixo embaixo a nota de prensa que estes días enviou ‘Por nuestro faro‘: O colectivo “POR NUESTRO FARO” ven de remitir unha alegación ao Catálogo das Paisaxes de Galicia, na que se incluiron algúns espazos singulares de Ribadeo, como son a Illa Pancha especialmente amenazada por un proxecto de hotel, cafetería, aparcamentos, etc e outros…
Entérome pola rede de que os abelleiros de Ribadeo fan unha actividade pro abellas. Sei que está programada como anti-velutina (ver cartel), pero na realidade é en defensa das abellas. Coido que o cartel é abondo explicativo e resume moi ben o que se vai facer. Coido que non é necesario nin lembrar cousas como…
A comezos de semana publiquei sobre o catálogo de paisaxes. Dende aquela, naceu un movemento para a inclusión nese catálogo de varios puntos de Ribadeo non incluídos nel. A ver que che parece a súa inclusión. Embaixo deixo un modelo imprimible a tamaño normal, e, antes, o texto correspondente e algún comentario, usable co ‘corta…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)