• De Ribadeo a Grecia, pasando por Madrid

    Onte Votouse o rescate en Grecia. Tamén en Madrid, o rescate de Grecia será votado. Resulta curioso que se vote unha axuda relativamente pequena a Grecia para escenificar que nos debe cartos, que estamos todos implicados, que eses cartos son nosos, e que hai unha diferencia fundamental con Grecia: nós deixamos, eles piden; e así,…


  • visitando a web do concello

    Hoxe achégome á web do concello despois de ler o xornal. Nunha das súas páxinas, coa cabeceira ‘Rexistro de intereses‘ aparecen publicados os intereses dos concelleiros, segundo marca a lei. Polo momento están 14, faltando tres, pero non cabe dúbida de que aparecerán en breve. Xa o mandato pasado apareceran de xeito voluntario varios, e…


  • A cara e a cruz da festa

    O éxito de xente e negocio do Ribadeo indiano estivo á vista. Por se quedaran dúbidas, a ineludible nota do concello gabándose do feito pon números, que estimo mesmo se poden quedar curtos en canto a impacto económico, calculado a razón de pouco máis de 100 €/persoa: 25 000 persoas, 3 000 000 euros de…


  • Crónica do Ribadeo indianizado

    Antes de gustar dun arroz á cubana tento deixar unhas breves liñas a modo de crónica de época sobre o Ribadeo indianizado. Ribadeo indiano, concebido como festa de época, exitosa como calquera pode ver (e para ver, achegarse a Ribadeo, que o espírito aínda non é trasladable de xeito electrónico, do mesmo xeito que non…


  • Páxina pasaxeira. Experiencia no blog

    Esta páxina: http://ephemeralp2p.durazo.us/84ed25a72c9c7565a1ca95b7cf73e3b7dceebd6120fbdd9fa33571fe43190fd7 autodestruirase cando deixe de haber persoas conectadas a ela. É unha experiencia nada en norteamérica este mesmo ano, que podes atopar aquí: http://ephemeralp2p.durazo.us/2bbbf21959178ef2f935e90fc60e5b6e368d27514fe305ca7dcecc32c0134838 (en versión transitoria, como esta) ou aquí: https://github.com/losvedir/ephemeral2/wiki/This-page-exists-only-if-someone-is-looking-at-it (en versión (máis) permanente. Ti podes crear unha, se queres. Mentres, a copia deste contido atoparala en http://ribadeando.blogspot.com.es/2015/07/paxina-pasaxeira-experiencia-no-blog.html


  • Sobre as casas de indianos e a Torre dos Moreno

    Como aportación á festa indiana desta fin de semana, remato de tentar recoller os artigos relacionados coas casas de indianos e a torre dos Moreno que levo publicados no blog. Aí van varias ligazóns, resumidas e tendo en conta que aínda se completarán as listas con algunha máis que se me leva escapado hoxe: A…


  • Indianos, de José Mª Rodríguez

    Cortopego dende o blog de José Mª Rodríguez: – E logo pra onde vas tan á présa, Xan, ¿Tes algo de novo?, preguntoulle Xan ó veciño vendo pasar con paso apurado cara a vila, vestido de traxe novo e sombreiro. – Non, oh. E que me vou pra América, respondeulle o veciño. – Manda carallo,…


  • Coñece Ribadeo

    Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…


  • As nosas costas: navegando mares de plástico

    A imaxe anterior está tomada da web ‘navegando mares de plástico‘. Cada punto representa 20 kg de plástico á deriva na superficie mariña. Vemos que as costas atlánticas están máis limpas, e canto máis nos adentramos no golfo de Biscaia, maior densidade de lixo. Hai un global estimado de 268 millóns de kg flotando á…


  • Os turistas poden, os de Ribadeo, non

    A xente de a pé non protesta en Ribadeo. Sábeno por aí nas ‘estruturas de poder’, e por iso non pasa nada. A raíz dunha nota de prensa de ACISA, que xa saíu reflectida por exemplo na Comarca do pasado fin de semana (4 de xullo) e que ven confirmada por exemplo nunha nota de…


Etiquetas:

ACISA (61) arquitectura (316) blog (257) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (904) deporte (60) economía (1002) educación (318) eleccións (158) estatísticas (384) Evaristo Lombardero (135) Festas (136) filosofía (534) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (62) Hernán Naval (133) historia (551) Illa Pancha (263) José Mª Rodríguez (383) Medio (950) Meteoroloxía (92) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (153) pensións (95) plenos (221) política (1437) Recuncho da lectura (67) residencia (131) ruído (119) ría (160) sanidade (98) sociedade (3274) Suso Fernández (149) tecnoloxía (155) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)