
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Sorpresa? Quizáis non tanta. Pode tentar converterse en calquera momento en presión cara ó concello para que permita a cafetería, ou ser desmentida como un erro de comprensión nun xesto bondadoso para ganxear amizades. En calquera caso, o anuncio do titular, que a illa Pancha será de acceso vip, coido debera significar máis dun xarro…
Seguindo a liña de publicar escritos de autores relacionados con Ribadeo, hoxe ligo dous artigos de J.R. Sabugo, secretario do concello durante tantos anos, sobre a ‘cuestión catalana’: https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._catalu__a_no_es_una_naci__n https://issuu.com/agremon/docs/sabugo._la_suspensi__n_de_una_auton a notar que faigo a publicación con gusto, mais non teño por que estar de acordo cos seus presupostos.
Rematou o curso, mais o IES segue facendo vida. Non están as súas aulas ocupadas a diario, mais queda a súa labor fermentando. A máis de xente que se pode atopar por alí, aínda que non hai xa nin clases nin aínda prazo de matrícula, quedan restos das actividades como testemuñas. Velaí unhas fotos do…
A Gaceta Ribadense. Edición especial III Festa Indiana. A data de portada é a de mañá, coincidindo co comezo da III festa dos indianos de Ribadeo, aínda que a súa saída á rúa foi antonte. A publicación medra triplicando o número de páxinas, de anuncios e de colaboracións. Se a festa dos indianos é un…
Entérome polo xornal: un novo grupo de música vai parir o sábado, A Gramola. Non é novidade en ribadeo que nazan novos grupòs. Dende hai tempo Ribadeo ten un ecosistema local de música moi vivo que se viu aínda máis vivificado a partir da academia que potenciou Amadores e logo da escola de música. Tampouco…
Corto e pego dende http://cargadoiro.blogcindario.com/2016/07/00462-templarios-en-a-vilavella.html: ‘ Considerar esta afirmación como un hecho manifiestamente demostrable a través de los testimonios documentales actuales de que se dispone no parece ser una verdad objetiva ni definitiva. Pero, la presencia de ciertos testimonios históricos y arqueológicos que se conservan aleja esta afirmación de una simple hipótesis y justifica, sin…
Xa saiu. Xa podes engaiolarte coa recreación indiana de Ribadeo, procurada por Fernando Suárez para a promoción indiana de 2017. Porque é o alcalde o que abre as curtas historias que foron colgadas onte na rede e que serán moi vistas en Ribadeo e alén. O vídeo é un éxito sen paliativos: en 18 horas…
Na tarde de hoxe domingo, como estaba previsto, o grupo ‘Por nuestro faro’ desenvolveu unha acción de limpeza en puntos diversos do paseo do faro entre a capela de San Miguel e a illa Pancha. Ó chegar a San Miguel, punto de reunión, constatamos que un desbroce fixo que boa parte do lixo máis visible…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (317) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (938) economía (1020) educación (320) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (141) Festas (136) filosofía (545) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (65) Hernán Naval (138) historia (569) Illa Pancha (267) José Mª Rodríguez (388) Medio (976) Meteoroloxía (93) Música (220) O Tesón (240) Pablo Mosquera (136) Pancho Campos (132) paz (205) pensións (97) plenos (226) política (1460) Recuncho da lectura (84) residencia (131) ruído (124) ría (161) sanidade (104) sociedade (3356) Suso Fernández (170) tecnoloxía (163) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (73) Ángel Alda (100)