Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Loitar por conseguir cousas é unha constante nas persoas e na humanidade. Mais hai moito, moito tempo que nos decatamos que non todas as loitas son iguais. Iso non impide que se sigan a producir desigualdades na loita e entre loitas. Desigualdades na loita dende o comezo, pois os poderes que se enfrontan non teñen…
A AVV O Tesón está de cambios. Quedou claro en anteriores comunicados, nos que se foi contando a historia próxima inmediata, e tamén dilucidadno a historia próxima por vir da asociación veciñal. Hoxe, unha nota de prensa e o borrador da acta saíron á luz no seu blog. Preséntoas nesa orde: Logotipo de O Tesón…
Hai unha semana unha nota de prensa do concello daba pé a unha nova sobre o ben que vai todo en relación ás Catedrais, o seu futuro e o seu aproveitamento: “as liñas nas que estamos traballando en todos estes meses dunha maneira discreta e silenciosa para ir avanzando no proxecto“, enfatizaba a nota. Eses…
Buscando no Arquivo do Concello de Ribadeo datos sobre algúns temas nos que estamos interesados, atopeime cunha serie de notas dende o ano 1563, sobre acordos que se fan na “casa del relojero” e reparacións dun “Relox” que había en Ribadeo, supoño que sería o da Torre do Reló, pois son pagos do Concello o…
Hai xa cen anos que a Torre dos Moreno se comezou a construír. Cara finais de 1915 ou comezos de 1916, a obra estaba en marcha (ver por exemplo o artigo de Ernesto Cruzado na edición da ‘Gaceta Ribadense’ especial para ‘II Festa Indiana’ na que aparece a copia dunha petición para o inicio das…
Xa hai novo sitio web da banda Municipal de Ribadeo e Amadores da Música. Coido que quen queira información, pode comezar por aí. Deixo só a miña contribución á web: Comezando a historia da Banda Municipal de Ribadeo A banda naceu… Non, hai que comezar antes: a banda municipal de Ribadeo tivo un caldo de…
Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo? Arco da vella, imaxe de esperanza Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado,…
‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…
Por medio dun contacto na rede, chego a este mapa: Collido de http://biqdata.wyborcza.pl/files/files/QaWZNI0u3X.png, onde se recomenda ir para ver con máis detalle. Especifica con puntos vermellos os lugares que teñen un ‘santo’ (a verba que corresponda en cada lingua) no seu nome. Coido que chama a atención a profusión de cor vermella en Galicia, que…
A nova: Ribadeo “contratará a tres informadores/as turísticos e tres operarios de medio ambiente (…) comezarán a traballar a vindeira Semana Santa“. Comezarán … e rematarán. Como entradilla do título da nova do concello aparece que o punto de atención estará aberto do 19 ao 27 de marzo. Vale, non só son eses 9 días,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (315) blog (248) castro das Grobas (66) Catedrais (74) coronavirus (527) cultura (889) deporte (60) economía (998) educación (315) eleccións (158) estatísticas (383) Evaristo Lombardero (129) Festas (135) filosofía (523) fotos (192) Fotos Ribadeo (613) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (59) Hernán Naval (133) historia (534) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (372) Medio (939) Meteoroloxía (91) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (131) Pancho Campos (125) paz (121) pensións (90) plenos (219) política (1420) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3219) Suso Fernández (132) tecnoloxía (150) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)