
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Só unhas verbas para poñer a imaxe que se descubrirá esta tarde: a placa de recoñecmento a Manuela Barreiro Pico como primeira licenciada en farmacia de Galicia, no lugar onde unha muller rexentou por primeira vez unha farmacia en España.
Os asasinatos de mulleres en razón de insubmisión ó home correspondente veñen de lonxe. Fixéronse visibles co cambio de mentalidade e están lonxe de desaparecer. Esa é a realidade. Hoxe lerase no concello o seguinte manifesto: MANIFESTO 19X Alerta Feminista “No que vai de ano son 31 as mulleres asasinadas pola violencia machista que tamén…
Procura na wikipedia Manuela Barreiro Pico. Dende onte, xa podes. É a miña contribución á homenaxe que hoxe, luns, ás sete e media da tarde, no Cabás, terá lugar á farmacéutica ribadense (aínda que nacera en Viveiro). Espero que o artigo medre, mais xa deu os seus primeiros pasos grazas a esta homenaxe, e estou…
Normalmente son microcortes. Na práctica, tódolos días, aínda que non estean sinalados nos listados que os van acumulando no blog. Ás veces, multirepetidos, e algún cunha duración algo máis longa. A tolerancia das compañías eléctricas é abondo diferente fronte a estes cortes e ó manexo da factura da luz. Aínda que ambas vaian en aumento.…
Polo momento está incompleto, pero xa é indicativo. A idea xurdiume despois de ver onte un artigo sobre o aumento de idade dos alcaldes a medida que se ía afastando o tempo da proclamación da Constitución Española, é dicir, do aumento da media de idade coa ‘consolidación da democracia’. Quixen comprobar se en Ribadeo pasaba…
Faro iluminado de noite, este fin de semana pasado. Suso Fernández Nada encaja en este rompecabezas. Pero nos piden que hagamos como si la lógica aplastante dirigiese esta nube de polvo donde las esquirlas del desastre consiguen brillar como rubíes. En nuestro colectivo nadie esperaba nada de Puertos. Al menos nadie esperaba nada…
Páxina do arquivo. Sen ligazóns no corpo da páxina. E con datas erradas (polo momento) Nunha entrada rutinaria na web do concello para procura de información, onte, vino: a web estaba totalmente desarticulada. O motivo parece ser que era a ligazón á nova páxina de arquivo, que tamén o estaba. Esta mañá xa está amañado,…
Puertos minte. É unha conclusión que se pode sacar da pouca información que chega do que di Puertos na última comunicación sobre a illa Pancha. A modo de notas rápidas para quen lea as notas dos xornais de onte: 1.Non era de esperar unha rectificación dun organismo autónomo como Puertos, despois de pasar do…
Hoxe o xornal trae a nova do xuízo por unha tangana de fin de ano de hai 4 anos. Por pegarse e cousas polo estilo. Do ruído que se debeu formar non fala nada. E é que o ruído parece algo secundario: unha vez pasa, non se pode demostrar. Cando pasa, non é doado probar…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (926) economía (1017) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (139) Festas (136) filosofía (542) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (563) Illa Pancha (265) José Mª Rodríguez (387) Medio (967) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (131) paz (188) pensións (96) plenos (225) política (1451) Recuncho da lectura (81) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3328) Suso Fernández (163) tecnoloxía (162) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (68) Ángel Alda (100)