Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Onte falei da xuntanza pola paz en Ribadeo. Hoxe domingo sumouse Vilanova de Lourenzá. Mandáronme (Enrique Fernández Rivas, de Lourenzá) fotos e o texto lido. Adxunto quedan como testemuña. “Condenamos o xenocidio que se está a comenter por parte de Israel contra o pobo de Palestina, sendo Estados Unidos o gran patrocinador desta…
As festas non son iguais para todos. Por suposto. Nunca o foron nin o serán. É máis, non creo que as festas que se poderían celebrar en Gaza sexan igual nestes tempos que hai só uns anos, aínda estando mal a situación dende hai xa perto dun século, e aínda que a xente sexa case…
Captura da ficha de Mondra no seu artigo de Galipedia. Lic. CC BY SA 4.0 ESTILO MONDRA Xosé Carlos Rodríguez Rañón O teense nado co século XXI Martín Mondragón (de alcume artístico Mondra) xa ten un estilo de seu dentro da actual música electrónica, categoría na que gañou non hai moito o premio…
Só unha nota curta de embranza: como cada primeiro sábado de mes, nas escaleiras do concello, este sábado haberá xuntanza de pensionistas en Ribadeo.
Coas festas a piques de rematar, decátome de que non difundín a carteleira das patronais 2024. Aí vai, comezando polo final:
A paz é necesaria. A súa lembranza, o seu desexo, mesmo en festas (sobre todo, nas festas), tamén. E en Vilanova:
Despois do verán, un novo exemplar da revista Chío está dispoñible. Aquí o tes, con colaboracións diversas: Lucía Ferro, Carlos Dafonte (si, fillo doutro Carlos Dafonte), Luis Villares, Santy Gutiérrez… co tema básico do cine como fío, e dirixida por Melina López. Por certo, este e os anteriores exemplares podes velos en Chío.com. …
Só para os meus lectores. Iso me dixo Ángel Alda cando lle propuxen que o pequeno escrito que deixo a continuación pasara a este blog. E así queda, acompañado das catro fotos que me enviou, pero sen título: pónllo ti. Fíjense en estas cuatro imágenes fotográficas que he tomado esta misma mañana…
O Pazo de Cedofeita, dende fóra, a media festa. Dunha festiña O último sábado de agosto andiven pola Cedofestiña, a segunda que se fai despois da inicial o pasado ano. Foi organizada polo colectivo ribadense Vacas Fracas no Pazo de Cedofeita. Unha boa festa nun entorno agradable. Unha pequena festa…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (251) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (891) deporte (60) economía (1000) educación (315) eleccións (158) estatísticas (383) Evaristo Lombardero (132) Festas (135) filosofía (525) fotos (192) Fotos Ribadeo (615) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (60) Hernán Naval (133) historia (539) Illa Pancha (260) José Mª Rodríguez (374) Medio (943) Meteoroloxía (91) Música (217) O Tesón (240) Pablo Mosquera (132) Pancho Campos (127) paz (127) pensións (92) plenos (221) política (1424) residencia (128) ruído (118) ría (160) ría_si_nave_non (59) sanidade (95) sociedade (3231) Suso Fernández (137) tecnoloxía (150) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Ángel Alda (100)