
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Aló polo 2007 poñíase en marcha de xeito experimental un mecanismo que se normalizou a partir do 2009. A publicación polo concello das súas propias notas de prensa. En realidade, a edición e publicaciń na web do concello foron contratadas cunha empresa, non sendo raro ver a noticia publicada nalgún medio antes que na…
Nunha semana, o alcalde leva difundido tres notas de prensa sobre o coronavirus en Ribadeo. En concreto, sobre o brote que afecta ó hospital asilo (non á nova residencia de maiores). Aínda que sobre a orixe circula un rumor insistente, non está recollido nelas, polo que queda como iso, como rumor. Coa liña de…
RIBADEO NA NOITE DOS TEMPOS Que imaxe podemos facernos dun período tan importante pero tan escuro e tan dilatado no tempo que está cheo de tantas incertezas? É un exercicio arriscado facer un relato verosímil sobre a poboación prehistórica de Ribadeo, ou sexa, facer un relato sobre os indicios probables dunha poboación da que…
Non soa mal… ‘Ladan’. Por se alguén non se decatou, ‘Nadal’ ó revés. Un nome novo, algo así como dicir ‘prepárate e date a volta’ ante unha festa tradicional. Tampouco me soa mal a idea de dar a volta a esta festa. Non se trataría dun anti-Nadal, senón doutra cousa. A ver se aclaro…
Póñome a escribir entre dúas obras. Paro: comeza o Danubio Azul. Concerto Covid no Hernán Naval a cargo da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Case hora e media de transmisión que queda en https://www.facebook.com/287827837895905/videos/1480789548788259, onde algo máis de media centea de telespectadores a están a seguir, a máis dos presentes no reducido…
Logo vaticano O Nadal dicíase espiritual, ‘antes’ de ser primeiro cooptado polo comercial e logo, abducido pola súa parafernalia. Por iso mirei con curiosidade un artigo que chegou a min precisamente o día de Nadal, sobre un tema lateral co relixioso, ‘La fraternidad de Francisco’. Trátase de comentar algún aspecto da última encíclica…
Sabíalo? Eu sabía hai tempo do tema, pero non de que fora tan chamativo. Por medio de Daniel Díaz Grandío remato de enterarme abondo máis dun xeito gráfico. A cousa é que o Club Liceo, de A Coruña, Hóckey a patíns, este ano, unha vez máis, segue en primeira división. E, unha vez…
O Belén da orde terceira é un clásico. Non sei en que ano comezou a súa andaina, pero o seu tamaño fíxoo o maior de Ribadeo durante anos, e o primeiro en incorporar algúns elementos tecnolóxicos. O día noite, ou o anxo que aparece pola noite son algunhas das peculiaridades. Como non sei todas…
Hoxe, as 15:59 UTC (é dicir, ás cinco menos 1 minuto de horario legal peninsular en España) prodúcese o paso astronómico do outono ó inverno, o solsticio de inverno. Algo natural e insoslaiable. Un feito non que non intervimos nós. Pero as efemérides son sobre todo feitos nos que si intervimos. E hoxe,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1014) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (540) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (560) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (181) pensións (96) plenos (224) política (1450) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3316) Suso Fernández (162) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)