
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

E segue a aumentar: 23 casos, incidencia de 230 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Nota: Noiteboa e Nadal non actualizarei datos. Anteriores.

Importante e brusco aumento. 35 casos reportados polo SERGAS en 14 días, cargados esta mañá e referidos a onte ás 18 horas. Incidencia de 249 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Nota: Noiteboa e Nadal non poñerei datos. Anteriores.

Por fin onte foron retirados os catro triángulos murais que anunciaban a construtora en cada unha das catro rúas do centro ribadense. Agora o nome das rúas e o escudo do concello loce libre. Xa o viches?

19 casos, polo de agora segue baixando lento pero firme. Incidencia de 135 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.

20 casos. Forte suba. A incidencia de 200 por cada 100 000 habitantes a 14 días non indica nada bó. Anteriores.

O número de afectados segue estable. 13, cunha incidencia de 130 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.

20 afectados, incidencia de 142 por cada 100 000 habitantes a 14 días. Segue a baixar. Anteriores.

No pasado pleno, o xoves 16, coido que o último deste 2021, aprobouse o orzamento do concello e Ribadeo para 2022. É de congratularse o ter un orzamento xa antes de que comece o ano, como debe ser pero como tantas veces non é. A raíz do que nos chega, diríase que…

A boa dirección. O que debera ser. Os últimos datos van achegándose a iso: o que debera ser. 22 casos, incidencia de 156 a 14 días por cada 100 00 habitantes. O Nadal está aí. Anteriores.

Pouco a pouco, a situación volve a baixar o número de casos, 12 cos datos do SERGAS de onte á tarde, subidos esta mañá. Encamiñamos as festas cun certo alento, de incidencia de 120 casos por cada 100 000 habitantes a 14 días. Anteriores.
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1014) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (540) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (560) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (180) pensións (96) plenos (224) política (1450) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3316) Suso Fernández (162) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)