
Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Para Pepe Facal & Cia Hai, Pepiño, Pepiño, canto das que facer! Mesmo de xeito indirecto. Por exemplo, dixéronme que dixera unhas verbas nesta celebración. Todo un traballo. E unha responsabilidade, pois coido que no fondo trátase en boa parte de falar algo para que non nos líes se deixamos que comeces a falar…

Crónica dunha viaxe / 02 O Cádavo – Ponferrada Levantarse a mañá do segundo día, segunda etapa, dá un pouco de pereza. O punto final (que non meta, non se trata dunha competición) queda aínda moi lonxe, e o corpo aínda non está recuperado do cansazo do primeiro día nin colleu a rutina…
Ata anoite transcorría o prazo de alegacións á decisión da Comisión Especial de Nomes Xeográficos (CENG) do IGN sobre o nome da ría de Ribadeo. Deixo abaixo dúas alegacións, presentadas unha pola Plataforma de defensa da ría, e outra, pola Plataforma de Mariños Mercantes de Ribadeo (esta última, en galego e castelán, coa asesoría…

Crónica dunha viaxe /01 Ribadeo – O Cádavo Unha viaxe pódese comezar a calquera hora, pero como máis se aproveita o día é saíndo cos primeiros raios de luz. E iso fixen, poñerme en marcha por Ove camiño de Porto e en Santiso de Abres, coller un pequeno tramo da ruta de ferrocarril,…

Hoxe pasei pola biblioteca (BPM El Viejo Pancho) e preguntei. O acceso ás novidades por vía telemática é posible, entrando co usuario da biblioteca en https://rbgalicia.xunta.gal e indo a inicio. Aquí quedan as novidades que aparecen hoxe: Unha nota: Pode que algún libro aínda non esté actualizado entre os quince remarcados…

Crónica dunha viaxe / 0 Atravesando a península (do Cantábrico galego ó Mediterráneo valenciano) Do 25 de setembro ó 10 de outubro pasados fixen unha viaxe en bicicleta que resultou rematar despois de algo máis de 1100 km, salvando un desnivel positivo acumulado duns 7800 m, nun tempo dunhas 66 h. A orixe, Ribadeo.…

A ver. Queres a paz ou non? Se a queres, favorécea. fai por ela. Non sabes como? Un xeito é unirte á concentración que os xoves se organiza diante do concello de Ribadeo. Todos pola paz, unha semana máis, fagámonos escoitar!

Lembro os aniversarios porque os apunto. Se non, iso de andar lembrando un ano tras outro unha data determinada do ciclo solar sempre me pareceu algo aleatorio. Así, doulles importancia en xeral porque hai alguén que lla dá e tento sumarme ó seu gozo. Mais, recoñezo que o festexar periodicamente algunhas cousas pode actuar…

A Asociación A Concordia presentará o próximo sábado 29 ás 6 da tarde no Hotel O Cabazo un libro sobre a obra de Amando Suárez Couto. Velaeiquí a información: Segundo a nota de prensa da Asociación A Concordia, o ‘Catálogo’ e un traballo de estudo e mostra dos debuxos e gravados menos coñecidos…

Onte, día 20, o concello puxo a disposición na Sede Electrónica unha nova acta dun pleno, correspondente ó do día 3 de outubro de 2022. (ACTA DO PLENO 2022-0006 [ACTA PLENO ORDINARIO. 3 DE OUTUBRO DE 2022]) Algunha das cousas que ofrece: – Toma de posesión de David Penas Rivas como novo concelleiro,…
Etiquetas:
ACISA (61) arquitectura (316) blog (259) castro das Grobas (66) Catedrais (75) coronavirus (527) cultura (920) economía (1014) educación (319) eleccións (158) estatísticas (385) Evaristo Lombardero (138) Festas (136) filosofía (539) fotos (192) Fotos Ribadeo (616) Fotos ría de Ribadeo (282) Galipedia (64) Hernán Naval (133) historia (559) Illa Pancha (264) José Mª Rodríguez (387) Medio (964) Meteoroloxía (93) Música (218) O Tesón (240) Pablo Mosquera (134) Pancho Campos (130) paz (180) pensións (96) plenos (224) política (1448) Recuncho da lectura (79) residencia (131) ruído (120) ría (160) sanidade (103) sociedade (3316) Suso Fernández (162) tecnoloxía (161) torre dos Moreno (101) tren (60) vilalba (216) Xosé Carlos Rodríguez Rañón (65) Ángel Alda (100)