-
Ribadeando en Internet Archive e na Biblioteca Nacional de España
Internet Archive é, como o indica o seu nome, un arquivo de internet. De xeito evidente, hai moito tempo que internet deixou de ser arquivable na súa totalidade, co aumento de material e os contínuos cambios ós que se ve sometido. Mais, dentro do posible, Internet Archive representa o que máis se parece á…
-
Nova marca do blog

Toma de pantalla de hoxe a mediodía. Os datos do mes acumúlanse coa etiqueta do primeiro día do mesmo. Aínda non rematou o mes de xullo, pero o número de visitas ó blog volve a estar nun máximo mensual: máis de 54 000 visualizacións no que levamos de xullo. Se contamos 31 días, aínda…
-
Quen son
Antonio Gregorio Montes, quen levo este blog e autor de máis de nove de cada dez artigos na historia do blog. Deixo a continuación unha biografía que na actualidade se pode ver en ‘galegos‘ (en Galicia Dixital, lugar por certo onde me publican artigos na sección de opinión e tamén teño algún libro): “ Casado…
-
Consolidando o cambio

Despois de dous meses, unha vez consolidado o cambio de cara do blog, deixo a imaxe anterior, realizada por min (xusta en baixo), e pasa á cabeceira a nova imaxe, a actual (na cabeceira e abaixo), obra de Sonja Hammerer:
-
61 días para fin de ano
Ano malfadado… Os paxaros pían e constrúen o seu canto no xogo de luces e sombras sobre Santa Cruz. Día claro e tranquilo no monte, un privilexio de xubilado en condicións de subir a pé a gozar mesmo dun café. Chegan os ecos da pandemia na radio lonxe, nos xornais á beira, nas redes sociais…
-
Da lingua
Da lingua Entre os comentarios que recibo polos artigos, de cando en vez chega un eloxio. Iso mesmo foi o que me pasou a semana pasada, cun desenvolvemento semellante a este: “-Antonio, por que non escribes en castelán, aínda que sexa unha vez nunha lingua, outra noutra? Hai xente da nosa idade que…
-
Confinado en Ribadeo
Onte púxose á venda en Ribadeo (Gráficas Santiago) o libro de Ángel Alda ‘Diario de un confinado en Olavide’, cun suplemento ribadense, ‘Confinado en Ribadeo’, do que embaixo deixo a portada. Os apuntes complementarios poden verse tanto como anexo como, dunha forma máis completa, unha continuación, interpretación con diferencias no só no espazo, senón tamén…
-
Lembrando cousas do mercado de Ribadeo: 2008/2009
A conta da reapertura do mercado hoxe, en plena desescalada do estado de alarma pola pandemia, lembro que hai poucos días pasaron polas miñas mans un par de documentos que xa son historia do mercado: a proposta, feita na crise do mercado no inverno 2008/2009 dos comerciantes para actualizar o pago de plazas, e o…
-
Artigos de Ribadeando en diversos medios periódicos online
Maio en Ribadeo Aínda que hai artigos diversos espallados (a máis dos publicados en papel), levan unha boa tempada aparecendo un por semana, de xeito continuado, en tres medios: En Galicia Dixital pódese acceder a través da ligazón https://www.galiciadigital.com/opinion/autor.189.php. En Praza.gal poden localizarse en https://praza.gal/xornalista/antonio-gregorio. En Crónica3 non…
-
Artigos en Praza.gal, ata o momento
Listados en https://praza.gal/xornalista/antonio-gregorio Política Signos de querer o poder e non o traballo que leva consigo Antonio Gregorio domingo 3, maio 2020 Cultura Carlos Álvarez Fernández-Cid, músico Antonio Gregorio domingo 26, abril 2020 Acontece O mercado de Ribadeo Antonio Gregorio luns 20, abril 2020 Acontece Lugo Canto mide Ribadeo? Antonio Gregorio luns 13, abril 2020…
