-
De subvencións: Life Fluvial
Que alegría, que alboroto, nos ha tocado el perrito piloto! Sempre se celebra con festa o que a un lle toque algo, e o acto que tivo lugar onte pola mañá na casa do concello de ribadeo tivo algo diso: celebración dunha subvención millonaria. Os detalles, na nota de prensa en baixo, implican e aplican…
-
O punto sobre a i de violencia
-
Historias do tren
-
Unha pequena historia… e outra, e…
Un sinxelo niño de velutina, na Mariña, pero non en Ribadeo, nunha nogueira de Alfoz. Xa está retirado. Pero tardaron. Zona do niño Mentres, onte pola tarde, o xabaril da N-642 seguía alí. Polo que parece, do 112 pásanlle o aviso ó concello. Tentarei enterarme. Pequenas descoordinacións ou desidias que permiten que as pragas teñan…
-
Aire ulindo a eucalipto queimado
Estou oíndo chover antes de amencer. Que non chova torrencialmente para evitar que a terra queimada vaia parar ós ríos é a pregaria de hoxe. A de antonte era para evitar as mortes e o terreo queimado. Pero onte non había pregaria, senón noite a mediodía, luces acesas nas casas e nos coches para poder…
-
Sobre a Garda Civil na Mariña
Hoxe é o día do Pilar, festa da Garda Civil. Quizáis por iso un xornal trae hoxe unha entrevista a José López Ginzo, Capitán do conxunto de gardas mariñán. O caso é que despois de ler a nova, aproveitando as cifras, deixo algún gráfico e consideración. O primeiro, unha táboa de distribuciónda plantilla, que se…
-
Sinsentido de Renfe e horarios de autobús (ribadeo, Burela, Viveiro)
Ímonos afacendo. Pode ser percepción da idade ou da comunicación, pero os sinsentido que nos chegan están medrando en número e ‘calidade’. A última nova que leva a impronta ‘sinsentido’ aparece hoxe mesmo na prensa: a compañía que aglutina os ferrocarris en España, Renfe, encarga un estudo para saber cánta xente usa o tren FeVE…
-
Información xeral dende Bruxelas
-
Quen mercou o edifico de Vegalsa? De fondo en fondo e toco fondo
Coido que non esaxero ó dicir que a instauración dun centro comercial no Vilar cambiou ‘para sempre’ o comercio de Ribadeo e influiu de xeito decisivo no futuro da vila. Para ben, mal ou regular, iso é outro tema, pero a importancia é innegable. E xa ten algo de historia. Cando se abriu, a comunicación…
-
Como poñer unha imaxe de palabras?
Non de unha verba, senón de moitas. Non poñer a verba en imaxe, senón do sentido das verbas… iso quixera hoxe, para anunciar un acto, un ano máis, basado nas verbas. Non escritas, senón transmitidas sen soporte duradeiro, expresadas de viva voz. Hoxe haberá unha representación desas verbas pasandeiras. En Ribadeo, nas escaleiras do parque…
