-
Programa do Mercado de Nadal 2017
-
Canapés
-
Iniciativas de desinteresado interese
Un xornal de amplia tirada e máis amplia subvención directa e indirecta en Galicia vai contratar ós presidentes galego e asturiano para debatir sobre infraestructuras, crise demográfica e modelo de Estado e financiamento. É claro anunciando que quen paga será un bondadoso banco recentemente trasladado de Cataluña a Madrid, e no aviso deixa caer pinceladas…
-
Animación, historia, oportunidades…
-
Ribadeo, o pobo máis perxudicado pola falta de tren
-
Auga e Uralita
Ben, debería dicir auga e fibrocemento, pero o certo é que dicir fibrocemento, no seu momento, era como nomear a Uralita, e viceversa, do mesmo modo que se segue aínda hoxe a dicir ‘Cello’ á cinta adhesiva aínda que hai tempo que as principais marcas son outras. A cousa ven porque esta tempada unha fuga…
-
Pleno hoxe: 14 puntos, cinco mocións… anuncio na web de transparencia
O pasado día 25 apareceu na nova web http://ribadeo.sedelectronica.gal (ten xusto un ano aínda que sexa descoñecida), sección transparencia. A convocatoria, para o día 29, hoxe, é a que segue: Da convocatoria, despréndense ademáis a suba de varios servizos municipais, a certificación da elección do concello do camiño (anunciado xa na prensa) da videovixiancia mediante…
-
Un tramo con accidentes
A N-642, en Openstreetmap. O tramo entre Ribadeo e Porto, N-642, é dos que ten a marca de ‘concentración de accidentes’. Non só ten curvas constantes, peraltes que ás veces non existen ou arcén que ás veces desaparece baixo a area e vexetación, senón que o piso é, por dicilo dalgún xeito suave, ‘manifestamente mellorable’.…
-
Unha historia da industria aeronáutica en Ribadeo
Hoxe a prensa dixital lembra que hai vinte anos estábase pensando en construír unha fábrica de avións en Vilaframil. Os nomes protagonistas eran ULM Toxo, o do avión xa deseñado, e os emprendedores, José Luis González Miró (Ribadeo), José Manuel Fernández (Foz) e Antonio Castelo (Vigo). Informábase de que despois de tres anos do deseño…
