Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.549 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Medio

  • Accidente na ría

    A ría de Ribadeo ten tráfico, e normas. Abondo tráfico, poucas sinais e menos cumprimentos dalgunha das normas. Hai tempo que, máis aló dagunha dificultade na saída de algún buque cargado, que corresponde a outro nivel, ou dalgunha barca que queda no tesón baixando a marea, é un perigo adentrarse nas calmas augas. Moto acuáticas,…

  • Bandeira negra para illa Pancha

    Bandeira negra para illa Pancha (e van 3) Hai uns días foi publicado o informe de Bandeiras Negras de Ecoloxistas en Acción correspondente a 2026. Dito informe sempre é motivo de reflexión, e sobre todo se sinala algún punto próximo a nós, como é o caso. Así que, sinxelamente iso: reflexión e acción (que inclúe…

  • Para manter a ría viva. Polas nosas árbores e Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo

    Para manter a ría viva. Polas nosas árbores e Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo

    O Servizo de Portos do Principado de Asturias promove un proxecto de escollera para a ampliación do Porto Deportivo de As Figueiras, actualmente en período de exposición pública. O proxecto contempla a construción dun muro ou escollera de 185 metros de longo e 8 metros de altura, situado fronte ao porto actual, que sería parcialmente…

  • Documento de presentación de alegacións ó pretendido novo porto das Figueiras.

    Adxunto deixo, unha vez anonimizado, o documento de alegacións presentado contra as obras no porto das Figueiras:

  • PARRESÍA. Pancho Campos Dorado

    PARRESÍA. Pancho Campos Dorado

    PARRESÍA Pancho Campos Dorado Parresía: unha palabra non moi frecuente no vocabulario cotián. Significa: “falar con absoluta franqueza”; do grego “pan”: todo + “rhesis”: fala. Estamos vivindo tempos moi incertos na política mundial debido a que un elenco de oligarcas despreciables e potentados multimillonarios, tratan de atemorizar ás nacións (de forma particular ou a todas…

  • Camiño do encanto

    Camiño do encanto Vai camiño dunha década que polo rural de Ribadeo apareceron unha serie de carteis indicadores, moitos, todos cun rótulo: ‘Camiño do encanto’. Opino que tódalas aldeas galegas, non só as de Ribadeo ou Vilalba, teñen algunha ‘pequena cousa’ que ofrecer á vista, cousas para desfrutar. Son en xeral pequenas, sen ambición de…

  • NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

    NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES         Seguindo co tema do grupo eléctrico no quiosco (parque infantil) temos que dar conta da resposta do Sr. Alcalde que aparece nun medio o sábado día 7 de marzo e di así: “Ese problema arranxouse xa hai un ano”, “foi unha das primeiras cousas que…

  • NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES

    NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES SOBRE RISCO DE ELECTROCUCIÓN NO PARQUE INFANTIL DE RIBADEO O pasado martes, 24 de febreiro, sobre as 13 horas, un membro desta plataforma observou que tres pícaros estaban agachados xunto dun portelo aberto na base do quiosco da música e que xa ían meter a man…

  • 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020

    Si, ten habido 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020. Ao menos, ese é o número rexistrado na web https://servicio.mapa.gob.es/incendios/Search/PublicoPag?page=1&sBusqueda=soypm%3D0%26CA2%3D3%26Pr2%3D27%26Mu2%3D27%257c51%26ZIF%3D%26TI%3D%26AEP%3D-1&NumPag=100 do Ministerio para a Transición Ecolóxica. A ligazón que puxen, se alguén a mira en papel, é longa de máis, pero a correspondente á portada, non tanto: https://servicio.mapa.gob.es/incendios . Claro que indo á portada,…

  • Dende o Amazonas a Ribadeo

    Dende o Amazonas a Ribadeo Unha das frases moi citadas hai un tempo foi unha variante desta: se unha bolboreta move as ás no Amazonas, remata habendo un furacán en Ribadeo. Ben, a frase orixinal coido que se refería a Texas, e ocultaba que as probabilidades son moi pequenas, incidindo polo contrario en que existe…