Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nota de prensa de amarinha.gal: Soberanía Dixital V, o Debate


amarinha.gal

Nota de prensa

20250607

Conforme foi anunciado, este venres 6 de xuño tivo lugar o debate Soberanía Dixital V: Intelixencia Artificial. Oportunidades e perigos. A biblioteca pública Viejo Pancho de Ribadeo acolleu un nutrido grupo de persoas para presenciar e participar no debate entre Mario Penelo e José Manuel Ventoso. Un debate que resultou áxil e interesante baixo a coordinación de Lucía Ferro. Nel tratáronse, cun sistema de quendas, diversos temas fundamentais relacionados coa IA, rematando nun coloquio que alongouse pola intervención do público. Asemade estaban na sala Adrián Rodríguez Sanjurjo e Inma Gregorio, autores de contribucións ó fanzine especial (8 páxinas, oito artigos) repartido no evento e que tiveron tamén unha pequena intervención. Asemade, Andrea Lombardía achegouse ó ordenador para amosar algún detalle de particulares creacións artísticas. Co interese suscitado, o acto alongouse máis do previsto. Pódese seguir en diferido na ligazón https://youtu.be/c3mhEnBri6c en vídeo (a excepción da rolda de preguntas) e en https://shorturl.at/eCBGc en audio. [ambos, en baixo], e acceder a claquera dos fanzine xa editados en https://blogs.amarinha.gal/

Cara ó futuro, dicir que os eventos de Soberanía Dixital terán continuidade o próximo mes co tema do Dominio Público, dando unha visión xeral sobre a propiedade no mundo dixital e o uso público das ideas e creacións.

E lembrar que os documentos de anteriores encontros pódense atopar en https://blogs.amarinha.gal

Reaccións do Fediverso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *