Unha plataforma para os mariñáns con moito que dicir

Amarinha.gal é un colectivo nacido coa intención axudar á comunicación entre persoas no ámbito dixital.

A primeira plataforma que poñemos a disposición de todos é a homónima amarinha.gal. Esta é unha instancia da rede Mastodon que serve para enviar mensaxes curtas, ao estilo do extinto twitter.

Agora mesmo estamos a perfilar a plataforma de blogs na que estás a ler estas liñas, blogs.amarinha.gal, que ten como destino posibilitar mensaxes máis en detalle.

Se estás interesade en aportar os teus escritos nesta plataforma contáctanos a través das nosas contas de Mastodon, como @admin@amarinha.gal

Fanzines de amarinha.gal

A modo máis tradicional, máis ou menos cada mes estamos a facer unha xuntanza na biblioteca de Ribadeo para falar máis do tema que nos preocupa, a soberanía dixital. En cada unha destas xuntanzas distribuímos un fanzine que deixa por escrito as ideas que temos sobre cada tema.

Estes son os nosos blogs destacados

Ribadeando

Ribadeo e as cousas de Antonio Gregorio Montes (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Ribadeando

A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)

A temperie ribadense no século XXI (ate 2023)

Hai tempo que foi a presentación do libro (https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/2024/04/12/presentacion-de-temperie-ribadense-no/), e hai tempo tamén que estaba colgado, sen portadas, en internet (https://es.slideshare.net/slideshow/a-temperie-ribadense-no-seculo-xxi-ate-2023-pdf/269463626), pero resulta que non lle dera difusión, cousa que agora fago, aínda que segue a estar dispoñible en papel nas librerías ou a petición, en Eoditorial, Amazon e outros lugares da rede. Primeiro, as […]

Lucía Ferro

Blog persoal da escritora Lucía Ferro

O Blog de Lucía Ferro

1984-Ser vixiado ou expoñerse ao máximo

Na novela de George Orwell a imaxe do Gran Irmán está en todos e a súa presencia pódese palpar nesa vixilancia que experimentan e sofren os protagonistas. Fose ou non a intención do autor, a figura do Gran Irmán dálle corpo a esa absoluta influencia que o mandatario dun réxime totalitario ten sobre os seus […]

Metarcade Bitácora

Blog de desenvolvemento do videoxogo Metarcade

Metarcade Bitácora

Autómatas no arcade

Autómatas no arcade

Cando estamos a xogar a un videoxogo notamos como hai personaxes ou outros elementos que se comportan de modo distinto segundo o que estea a pasar. Un inimigo pode estar seguindo un camiño e correr tras do xogador cando o ve, o propio personaxe do xogador pode subirse a un vehículo e comezar a conducilo. […]

Únete a amarinha.gal e interactúa con nós. Se tes máis que contarnos, pide un blog en Blogs de amarinha.gal

Envía unha mensaxe a @admin@amarinha.gal para máis información