Unha plataforma para os mariñáns con moito que dicir
Amarinha.gal é un colectivo nacido coa intención axudar á comunicación entre persoas no ámbito dixital.
A primeira plataforma que poñemos a disposición de todos é a homónima amarinha.gal. Esta é unha instancia da rede Mastodon que serve para enviar mensaxes curtas, ao estilo do extinto twitter.
Agora mesmo estamos a perfilar a plataforma de blogs na que estás a ler estas liñas, blogs.amarinha.gal, que ten como destino posibilitar mensaxes máis en detalle.
Se estás interesade en aportar os teus escritos nesta plataforma contáctanos a través das nosas contas de Mastodon, como @admin@amarinha.gal

Fanzines de amarinha.gal
A modo máis tradicional, máis ou menos cada mes estamos a facer unha xuntanza na biblioteca de Ribadeo para falar máis do tema que nos preocupa, a soberanía dixital. En cada unha destas xuntanzas distribuímos un fanzine que deixa por escrito as ideas que temos sobre cada tema.
Estes son os nosos blogs destacados

Ribadeando
Ribadeo e as cousas de Antonio Gregorio Montes (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )
Únete a amarinha.gal e interactúa con nós. Se tes máis que contarnos, pide un blog en Blogs de amarinha.gal
Envía unha mensaxe a @admin@amarinha.gal para máis información