O sufrimento do Gatipedro

Un relato colaborativo escrito durante o Obradoiro de Escritura Creativa de Historias de San Xoán.

Plac, plac, plac, plac…

-Alguén debera arranxar esta fonte, non hai maneira de manter vivas as flores dos nichos! -berra alguén.

O Gatipedro, agochado tras o último panteón comeza a apertar as pernas para conter as gañas de facer pis.

-Isto é cousa do demo! -pensa-. Se a auga mata o lume, igual podo matar a auga con lume… (Tamara)

Entre tanto pensaba o Gatipedro en arranzar e solucionar, apareceu un trasno moi lixeiro.

–Ui, e ti que es? –dille o Gatipero.

–Son o trasno Rofe.

–E que fas aquí? Vesme axudar a arranxar a fonte?

–Pois non precisamente, eu viña en busca dunha cadea de ouro.

O Gatipedro estaba adoecido coa súa incontinencia, xa lle parecía que aquilo ademais de ser cousa do demo, era un pouco cousa dos anos e algo de xenética tamén. Seu pai, en paz descanse, tíñache o mesmo problema. Encima de estarse mexando tiña un trasgo diante a preguntar por unha cadea de ouro. (Marta)

–Pero que cadea de ouro, home, que vou saber eu?

Todo iso dicía con bágoas nos ollos. Recordaba que súa madriña lle dicía:

–Chora… Se choras mexas menos…

Todo o que sentía era impotencia, non podía deixar o seu posto para ir ouriñar e encima un trasno pesado non paraba de preguntar. As bágoas comezaron a brotar dos seus ollos, aliviou de vez. Era tarde xa e por riba o trasgo alí mirando como si nunca tal cousa vise. (Lorena)

Era cando menos unha imaxe curiosa. O Gatipedro, impo”ente, chorando e un trasno saltando e molestando. Nestas, por se a situación non era suficientemente absurda, apareceu tamén a se”ora das flores. Señora por dicir algo porto que as ás que lle asomaban nas costas deixaban claro que era unha fada.

As fadas son boas. Sempre se soubo ademais que eran boas resolvendo problemas e as ganas de mexar do Gatipedro eran un gran problema. O trasno tamén era un problema, porto que seguía dálle que dálle coa cadea de ouro.

–Señora fada, reléveme durante dous minutos que senón imos ter unha desgracia!! (Gonzalo)

A fada, bondadosa como era, decidiu solucionar ambos problemas á vez.

–Poderías subirte ao cume da fonte, Gatipedro? Creo que teño a solución a este problema teu.

Confiado, o gatipedro fixo como lle mandaron. Unha vez no pico da fonte, a fada paralizouno e berrou ao trasno.

–Como non sube aí e lle fas unhas cóxegas ao noso amigo?

Aínda non acabara a frase e o trasno xa estaba a executar a orde. Igual xa se lle ocorrera a el. Logo de unhas poucas cóxegas o Gatipedro xa non podías máis, e aliviouse dende enriba da fonte. Tanto pis tiña que botou semanas mexando, con os asistente ao camposanto usando o chorro para limpar os nichos.

Pasado case un mes, cando o feitizo e o pai acabaron, o Gatipedro decidiu non volver a arranxar nada nunca máis. (Jose)


Descarga aquí o pdf da historia


Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *