Un relato colaborativo escrito durante o Obradoiro de Escritura Creativa de Historias de San Xoán.
Ao Gatipedro como medio gato e medio Pedro gústalle moito beber de auga corrente, e máis de auga fresca dunha fonte do camposanto. Alí estaba el coa súa grandísicma lingua pasando por entre os nichos e lápides para poder achegarse á fonte cando… (Marta)
O Gatipedro érache un ser normal, bueno, do montón. Nunca se preocupaba por nada. Total, pa que… Cando ves que a auga corre sen fin, infinita, que problema podes ter. Pois así era con todo, nada lle causaba interese, era un ser pausado e parado. P problema tívoo un día de sol, logo de 53 días de sol, co suor salgado e a auga que deixou de correr. Como podía ser que a auga da fonte xa non se movera? Que ía ser del? Non podía pensar con claridade por mor da deshidratación. Xa empezaban as alucinacións.
Unha fada con chave inglesa e desaparafusador… (Lorena)
Unha cadea de ouro cunha billa da que beber…
Que podía facer el, extasiado e preguiceiro?
Deixouse caer xunto a fonte baleira do camposanto. As persoas non podían co seu peso e a cabeza estaba a punto de lle rebentar. Escoitou e intentou centrarse. Un grupo de trasnos achegábase. A súa avoa sempre o avisara deles. Eran a imaxe do demo na terra e se o descubrían a deshidratación sería o menor dos seus problemas. Tentou esconderse mais estaba tan frouxo que caeu estrepitosamente na fogueira apagada que tiña ao lado. Tremíalle todo o corpo cando os trasnos se achegaron e ao velo nese estado correron cara el. (Gonzalo)
O Gatipedro tomou o curso de acción que máis ía co seu carácter. Fíxose o morto. Total, no mellor dos casos era adiantar o inevitable. Notou como os trasnos empezaban a atalo a uns paus. Como lle sacaban a lingua para medila, ou lle intentaban quitar o corno da fronte como se fose postizo. O Gatipedro decidiu continuar coa súa actuación ata o punto de deixarse ir e quedar completamente inconsciente. (Jose)
E nese intre que nin vivo nin morto algo no seu subconsciente estaba dando lucidez á situación. Claro, o corno! O seu corno que tantas pingas de auga deixara caer a maldade e desperdicio agora estaba baleiro. Se eu tivese gardado esa auga dentro do corno agora tería de onde beber, pensou.
E de súpeto, espertou. Non había ataduras, nin trasnos, nin sol. A fonte corría que daba gusto e ao tempo que camiñaba cara ela para encherse de novo pensaba que a lección fora ben aprendida.
–Nunca máis lle farei mexarse a ningún neno.
E así, pouco a pouco, foi bebendo e pensando…
–Cal será a casa á que vaia agora?n(Tamara)
Descarga aquí o pdf da historia
Deixa unha resposta