Este fin de semana en Carballo levouse a cabo o Atlantic Games Conference onde, por primeira vez, fumos con stand propio. Dímonos a coñecer na comunidade de desenvolvedores indie da rexión e fora de esta (coñecimos estudos e asociacións fora da nación), e achegouse xente moi gratamente sorprendida pola nosa presencia. Resolvimos dúbidas de quen somos e o que esperamos conseguir (podedes ver a información no apartado de quen somos) e ata a nosa presidenta foi entrevistada por unha canle de youtube.

Este ano ademáis, a xente podía conseguir un selo nos diferentes postos da feria para participar nun sorteo, así que a xente non só veu preguntar sobre nós, senón que tivo que xogar creacións feitas en Godot como Catiuskas, As Herbas de San Xoán ou A todas as rocas que me sosteñen.
Por outra parte, estivemos moi ben acompañades polos stands de Demo Game Jam e FemDevs, que levaron xogos de jams e das súas socias, respectivamente. Foi un espacio de sinerxía e compañeirismo entre as asociacións que ahí estabamos. Tamén compartimos información da Coordinadora Sindical do Videoxogo da CGT (CSVI), quen non tivo stand propio nesta edición.

Pasamos os dous días ofrecendo información e xogos, pero tamén tivemos ocasión de asistir a faladoiros e obradoiros que ofertaba a organización, así como tamén participamos no sorteo, xogando os xogos que se expoñían. Á noite do sábado, tamén houbo festa no mercado con música DJ. Así que nesta edición quenes fumos o pasamos incluso mellor que na anterior Atlantic Games Conference.

Nesta ocasión, non temos claro cal será o noso próximo evento a participar, xa que temos que descansar un anaco de tantas emocións, pero seguide o blog para non perderos nada, porque aquí seguiremos 😛
Tamén estamos en Mastodon! Conta de mastodon: https://amarinha.gal/@godoteires
Para finalizar, damos gracias á organización do Atlantic Games Conference e ao Concello de Carballo por todo o traballo e dedicación, que inclúe o deixar que levemos á casa a loneta publicitaria do posto.

Deixa una resposta a agremon Cancelar a resposta