Categoría: Eventos

Relatorios, obradoiros e outros encontros presenciáis, telemáticos ou híbridos.

  • Xuntanza Godoteira o 24 de outubro en Marín

    Temos o pracer de anunciar a nosa próxima Xuntanza Godoteira en Marín (Pontevedra) o día 24 de outubro (sábado) de 2026.

    Realizarase en dous espazos situados na Avenida de Ourense, ao carón do porto, por unha parte o Museo Manuel Torres (pola mañá) e a Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos (pola tarde).

    No Museo Manuel Torres se levará a cabo unha mostra de xogos feitos en Godot con ordenadores prestados por socies. Tamén faremos unha presentación da asociación e as primeiras indicacións para inscribirse nela. A actividade comeza ás 11:30h e remata ás 13:30h.

    Na Biblioteca Vidal Pazos se darán os habituais faladorios e obradoiros. A actividade comeza ás 16:00h e remata ás 19:30h (ou un pouco antes según faladoiros anotados).

    Cartaz da Xuntanza Godoteira 2026. 24 de outubro en Marín. Mostra de xogos ás 11:30 no Museo Manuel Torres e Faladoiros e obradoiros na Biblioteca Vidal Pazos ás 16:00h. Proba e comparte xogos locais e coñece á comunidade local de Godot. Organiza o Concello de Marín e a Asociación Godoteires.

    Enlaces relacionados (importante)

    Enlace á actividade en Mobilizón (confirma a túa participación! non é obrigado, pero axuda á organización)
    https://mobilizon.fr/events/0d5b3690-34ee-46ea-9b3b-2af84cc9540e

    O formulario de faladoiros e obradoiros (para propor o teu propio faladoiro/obradoiro)
    https://my.liberaforms.org/xuntanza-godoteira-marin-2026

    Enlace á entrada do calendario de Devuego:
    https://www.devuego.es/deventos/evento/xuntanza-godoteira-marin-2026-10-24

    Como chegar a Marín

    Monbus é a compañía de buses que da servizo á Vila de Marín e podes atopar nesta web cómo chegar dende Pontevedra, Cangas, Bueu, Loira, Seixo, Mogor… cos seus respectivos horarios.

    Por outra parte, se ves no teu transporte particular, podes atopar múltiples aparcadoiros públicos gratuitos. Hai aparcadoiro dabondo na propia Avenida de Ourense e ao carón do Auditorio de Marín.

    Senón, podes empregar os aparcadoiros da rúa Quevedo e da rúa Inferniño, que son as mellores opcións en canto a distancia.

    Tamén hai servizo de taxis.

    Onde comer en Marín

    O evento lévase a cabo nunha parte bastante céntrica de Marín. Polo que hai moita oferta gastronómica como La huerta de la abuela, o local máis preto, con opcións ovo lacteo vexetarianas no seu menú. Na mesma rúa (rúa Méndez Núñez) hai outros locáis gastronómicos e un Supermercado Gadis.

    Ao redor da Alameda de Marín está o Bar Umia, a Tapería O Casino e a hamburguesería La Favorita.

    Ao redor do Parque Eguren (subindo a Rúa Estrada ou pola Rúa da Roda) están as bocaterías Atalaya e o Rural. Tamén os restaurantes Fociño e Pilaro.

    Adxuntamos plano orientativo contextualizando a zona de Marín que tomaremos ao asalto.

    Captura do Google Maps. Vese os espazos públicos onde levarase a cabo o evento contextualizados con respecto ao porto, a Alameda e a Escola Naval Militar.
    Reaccións no Fediverso
  • Vémonos na Lérez Up!

    Os próximos 12 e 13 de setembro celébrase o evento Lérez Up no Recinto Feiral de Pontevedra e nós teremos stand na súa Zona Indie.

    Ademáis, a nosa presidenta participará nunha mesa redonda o sábado ás 17h. Por último, poderedes obter un sello para o Pasaporte Indie xogando a Miña Leira. Completando o pasaporte participas nun sorteo para o que aportaremos merchandising da asociación.

    Reaccións no Fediverso
  • Somos oficialmente “user group” e anunciamos stand propio na Atlantic Games Conference

    Temos dúas novas que contarvos. A primeira é que oficialmente somos un “user group” que aparece no directorio de grupos locais na páxina da Godot Foundation. Aceptaron a nosa proposta e no mapa que comparten estamos pineados como comunidade local e física en Galicia. É un recoñecemento pequeno, pero moi satisfactorio e sube a moral, para qué mentir.

    A segunda nova é que estaremos na Atlantic Games Conference cun stand propio como asociación. A verdade é que é información que xa adelantamos en redes e no artículo previo, pero nunca está de máis adicarlle unha entrada propia no blog, por se pasa desapercibido.

    Na Atlantic Games Conference podedes preguntar sobre o motor Godot, sobre a nosa actividade como asociación e disfrutar da selección de xogos feitos en Galicia e en España.

    Captura do Instagram da Atlantic Games Conference. As datas son do 10 ao 11 de abril e saen logos de diferentes entidades nas que se inclúe Godoteires.

    Levarase a cabo os días 10 e 11 de abril no Fórum de Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, Carballo, A Coruña. Na páxina de https://www.atlanticgamesconference.com/es/ encontraredes máis información e cómo chegar. A entrada é gratuita, pero o aforo é limitado (especialmente nos faladoiros).

    Reaccións no Fediverso
  • Cartel e primeiras actividades confirmadas – A Coruña (marzo 2026)

    Boas noites godoteires. Queda menos para a primeira xuntanza do ano. Como xa sabedes será o 28 de marzo no local da A Revolteira, en A Coruña. Ás 12h comezará o evento coa reunión ordinaria da asociación (podedes estar presentes e preguntar calqueira asunto relacionado coa aso!)

    Dende ás 13h, estará xa montada a mostra de xogos con ordenadores e equipos que traeremos para que podades xogar e disfrutar. Estará dispoñible ata ás 18:20h, xa que trala proxección do Showreel (anuncios de xogos seleccionados pola Godot Fundation) recollemos todo, aínda que o evento remate ás 20h.

    Xa se confirmaron dúas actividades: o obradoiro onde se fará un clicker! (traede un ordenador) e o faladoiro Aventura con hexágonos.

    • Fai o teu primeiro xogo clicker (por Maestra Paladín, ás 16h)

    Aprende a facer un sinxelo xogo clicker. Precisarás empregar nodos de button (botón) e timers (temporizadores) para facer unha experiencia adictiva. Ademáis explicarase os mecanismos de recompensa no cerebro humano para sacarlle partido. Finaliza o obradoiro dando ideas e exemplos de cómo aplicar os conceptos un paso máis alá. A xente tamén poderá probar os xogos dos participantes.

    • Aventuras con hexágonos (por Jose, ás 17h)

    Análise da arquitectura de un xogo de aventuras por turnos con movemento en hexágonos. Técnicas para crear niveis de xogo interconectados de xeito sinxelo. Como adaptar partes do GridMap de Godot. Divagación sobre a utilidade de restriccións para desenvolver un xogo.

    Podedes propor unha actividade aquí: https://framaforms.org/charlas-e-obradoiros-xuntanza-godoteira-a-coruna-marzo-2026-1771866260

    E podedes apuntarvos ao evento (cousa que nos sirve para ter unha idea da xente que ten pensado vir): https://mobilizon.fr/events/6564d009-7c5e-48e1-b3d6-b46ec5ea1005

    Reaccións no Fediverso
  • Xuntanza Godoteira – A Coruña (marzo 2026)

    Queres coñecer á comunidade Galega de Godot? Esta é unha boa oportunidade para iso. Xuntámonos por primeira vez en 2026 na cidade da A Coruña gracias a A Revolteira, que nos permite empregar as súas instalacións.

    Celébrase o sábado 28 de marzo de 2026 na Rúa da Falperra, 13 a partir das 11:00h. Evento gratuito ata completar aforo.

    Polo momento temos aberto un formulario para propor charlas e relatorios:

    https://framaforms.org/charlas-e-obradoiros-xuntanza-godoteira-a-coruna-marzo-2026-1771866260

    Aproveita esta oportunidade para coñecer xente da zona interesada en facer os seus proxectos en Godot ou presenta os teus xogos nun espazo con alma colaborativa.

    Reaccións no Fediverso
  • O noso próximo encontro: 29 de novembro

    Tivemos o pracer de poder vernos e desvirtualizarnos no Píxel á Feira gracias ao encontro que fixemos alí, e polo cal se acercaron persoas interesadas en coñecernos, pero claro, o noso prato forte é este: a Juntança Godoteira deste 29 de novembro na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela.

    Para participar nos obradoiros, por favor, traede os vosos equipos.

    Horarios:

    11:00 – Apertura e presentación de proxectos feitos en Godot

    12:00 – Charla «Unha breve presentación de Godot a través dos seus xogos» por Maestra Paladin

    13:00 – Obradoiro «O FMV nunca morrerá, como importar videos a Godot sen morrer no intento» por Carlos Cortés – ccglp

    14:00 – Comida

    16:00 – Obradoiro « Interfaces de usuario en Godot» por José Manuel Ventoso – jsmtux

    18:00 – Charla «Facendo un xoguiño (mal) sen morrer (espero) no intento» Rafa Alcalde – NEKERAFA

    Aquí tedes o enlace para ir ao evento en Mobilizón para inscribirte (non é obligatorio, pero agradécese).

  • Nos vemos en Santiago!

    Volvemos cun novo evento o sábado 29 de novembro no Centro Social Autogerido O PICHEL https://gentalha.org/ (Santiago de Compostela).

    Podedes propoñer relatorios e obradoiros neste enlace.