O pasado 28 de marzo de 2026 tivemos a primeira Xuntanza Godoteira do ano na cidade da Coruña. Foi unha xornada caracterizada pola claridade da primavera e o poder estar nun espazo con boa luz natural. O local da Revolteira é unha auténtica pasada.
Temos que decir que en xeral, as asociacións e espazos autoxestionados están axudándonos moitísimo na nosa labor divulgativa e, gracias a iso, podemos realizar as nosas actividades presenciais. Nesta ocasión, estamos tremendamente agradecides con A Revolteira, que nos fixo sentir como na nosa casa e ademáis, ofrécense para que fagamos máis cousas con eles (viva!).

Empezamos a xuntanza explicando o actual estado da Asociación Godoteires. Polo momento estamos a enfrontarnos cunha barreira burocrática para darnos de alta como asociación, mais esperamos poñer todo en orden pronto. Queda pendente o de ter unha conta bancaria, polo momento o Tesoreiro farase cargo das doazóns físicas (gracias polas vosas aportacións!) e como solución temporal, unha das socias pode declarar por nós o diñeiro.
A continuación, Isi Cano presentounos os traballos dos seus alumnos (dos máis novos e nivel universidade) empregando os videoxogos (Dialogic en Godot e o xogo Electroplankton para a música)como vehículo creativo e tamén sanador. Unha mirada interesante da necesidade de xogar e crear, de sacar esa vergonza que levamos dentro e expoñernos ao mundo, especialmente os adultos, quenes temos moitas reticencias para debuxar, crear e xogar. Ter unha presentación a modo de achegamento ao motor Godot como ferramenta liberadora e creativa, é un auténtico luxo. Moitas gracias Isi!
Compartimos algúns dos xogos das súas alumnas:
- La bestia, de petit.petit
- LA DESMEMORIA, de pitonisa.marisa
- Ishiramen, de pvalerop

Antes da hora de comer, Nekerafa contounos a súa experiencia facendo xogos para retroconsolas e qué versións de Godot teñen compatibilidade con elas e resolvendo dúvidas ao respecto (limitacións, plantillas de exportación, cómo cargar os xogos nas consolas…). Temos peticións en diversas redes para saber máis ao respecto, porque poder ter os nosos xogos en consolas como a PSP Vita a verdade é que é un verdadeiro puntazo. Ademáis, enlaza directamente co seguinte obradoiro.
Despois de comer Paladina tivo a ocasión de facer o seu obradoiro de xogos clicker, no que a xente puido facer o seu propio xogo. Para iso, explicou cómo facelo empregando únicamente os nodos Button e Timer. Sairon cosas bastante curiosas ao respecto, xa que Nekerafa exportou o seu exercicio para a PSP Vita, así que tedes aquí o proxecto subido ao noso Codeberg (gracias por compartilo!).

Vimos tamén o Showreel 2025. Para quen non o coñeza, o Showreel é unha iniciativa da Godot Foundation para mostrar anualmente os proxectos (xogos ou software) desarrollado co motor. Parámonos a comentar o xogo Dogwalk, que lle permitiu a Blender Studio entender mellor como integrar en Godot as creacións feitas en Blender.
Rematando a xuntanza, José fixo un análisis da xestión de nivéis, gráficos e cámaras dun RPG que está a crear para plataformas móviles. Explicando as dificultades do uso de tiles hexagonais e a necesidade dunha visión modular para poder engadir con facilidade novos niveis e mundos. Unha lección maxistral de deseño e planificación de desarrollo de xogos RPG.
Por último, gustaríanos destacar que en todo momento estivo dispoñible ordenadores para xogar na Zona de xogos, así que se nalgún momento tedes algún xogo a mostrar, podedes contar connosco para dalo a coñecer.

Erros e acertos
Sen dúbida, A Coruña é unha cidade con movemento e interese nos videoxogos e en Godot. Ata 22 persoas participaron no noso evento e decidiron pasalo tempo connosco, así que podemos dicir que foi un éxito. Estamos satisfeites co resultado e con moitas ganas do próximo evento (vémonos no Atlantic Games Conference!).
Algo que sí se falou entre diversos membros da Asociación é o complicado que resulta enfocar as nosas Xuntanzas, xa que houbo tanto charlas técnicas, obradoiros de iniciación como charlas máis xeráis. Así que toca pensar en cómo encaixar os eventos para achegarnos mellor á xente godoteira que hai en Galicia. Por outra parte, tamén nos chegou o comentario de que é pouco dinámica a xuntanza, xa que se centra moito nos faladoiros. Veremos qué facer ao respecto 🙂
Faladoiros grabados
Nesta ocasión e gracias a José podemos disfrutar dos faladoiros e obradoiro grabados:
- Dialogic en entornos educativos: cómo acercarse a Godot sin tener ni idea de programar
- Retroscene 101: Revivindo consolas antigas con Godot
- Fai o teu primeiro xogo clicker
- Aventuras con hexágonos
Creo que con isto xa os podedes facer unha idea das cousas que estamos a facer na asociación. Por último, lembrade que estaremos na Atlantic Games Conference cun stand propio onde mostraremos xogos varios e podemos orientarvos no desarrollo de xogos en Godot.

Deixa unha resposta