Logo da asociación: é o logo de Godot coa bandeira galega de cores

Cartel e primeiras actividades confirmadas – A Coruña (marzo 2026)

Boas noites godoteires. Queda menos para a primeira xuntanza do ano. Como xa sabedes será o 28 de marzo no local da A Revolteira, en A Coruña. Ás 12h comezará o evento coa reunión ordinaria da asociación (podedes estar presentes e preguntar calqueira asunto relacionado coa aso!)

Dende ás 13h, estará xa montada a mostra de xogos con ordenadores e equipos que traeremos para que podades xogar e disfrutar. Estará dispoñible ata ás 18:20h, xa que trala proxección do Showreel (anuncios de xogos seleccionados pola Godot Fundation) recollemos todo, aínda que o evento remate ás 20h.

Xa se confirmaron dúas actividades: o obradoiro onde se fará un clicker! (traede un ordenador) e o faladoiro Aventura con hexágonos.

  • Fai o teu primeiro xogo clicker (por Maestra Paladín, ás 16h)

Aprende a facer un sinxelo xogo clicker. Precisarás empregar nodos de button (botón) e timers (temporizadores) para facer unha experiencia adictiva. Ademáis explicarase os mecanismos de recompensa no cerebro humano para sacarlle partido. Finaliza o obradoiro dando ideas e exemplos de cómo aplicar os conceptos un paso máis alá. A xente tamén poderá probar os xogos dos participantes.

  • Aventuras con hexágonos (por Jose, ás 17h)

Análise da arquitectura de un xogo de aventuras por turnos con movemento en hexágonos. Técnicas para crear niveis de xogo interconectados de xeito sinxelo. Como adaptar partes do GridMap de Godot. Divagación sobre a utilidade de restriccións para desenvolver un xogo.

Podedes propor unha actividade aquí: https://framaforms.org/charlas-e-obradoiros-xuntanza-godoteira-a-coruna-marzo-2026-1771866260

E podedes apuntarvos ao evento (cousa que nos sirve para ter unha idea da xente que ten pensado vir): https://mobilizon.fr/events/6564d009-7c5e-48e1-b3d6-b46ec5ea1005

Fediverse reactions

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *