-
Amigos e música en Ribadeo
Pola miña culpa, non puiden asistir a unha reunión de asociacións contra o ruído en Santiago. Foi unha mágoa que tentarei suplir. En troques, tiven un día no que non só estiven acompañado pola familia, senón que puiden disfrutar da compañía de bós amigos, e para rematar, de música. A foto corresponde á actuación da…
-
Ribadeando, o libro, accesible en internet
Xa está Ribadeando, o libro das miñas crónicas sobre Ribadeo no 2004, a disposición en internet. Veleiquí o seu enderezo. Que o disfrutedes!
-
Eduardo Baamonde, piscifactoría, … boas novas en Ribadeo
Tanta Miga e a súa barriga. Ese é o título do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler. Na presentación o autor lembrou a Suso Peña, o seu propio cariño por Ribadeo e…
-
virxe do Camiño
A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de ‘Xardín de Sela’), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e…
-
A nova en Ribadeo
A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se…
-
Na casa e fóra.
Presento hoxe dúas imaxes, unha, tomada dende o ceo pero máis achegada a nós que a outra, máis terrestre (ou pedestre), pero lonxe de nós, polo menos de algúns de nós. A primeira é das Médoas dende o ceo. Non é demasiado boa, pero obseŕevase perfectamente como a montaña foi comida para obter o ouro,…
-
Kgome
Ilustro hoxe o blog coa foto tomada en Foz este verán que da mostra dunha protesta: a dun comercio que lle fixeron pagar máis de 25000 das antigas pesetas en dereitos de autor por ter música ambiental. Veume á cabeza debido á nota que lle pasou á prensa a asociación que presentou unha demanda contra…
-
Tempo de construcción
Se onte comentaba o estado da edificación na zona, hoxe tócalle o turno á obra civil: os periódicos falan de rematar o tramo Barres-Ribadeo, Ponte dos Santos incluído, para 2009. Estame entrando o congojo no estómago porque parece que se van pasar unha boa tempada remozando a ponte, e polo tanto, é posible que…
-
De urbanismo e consecuencias
Hoxe recibín a nova de que o Concello de Ribadeo saca unha ordenanza na que obrigará ós propietarios de inmuebles no casco antigo a facer una revisión (pagada por eles) e despois a obra correspondente se é convinte (pagada ata un 85% cun máximo de importe duns 500€). Tamén leín que segundo parece as constructoras…
-
Imaxe típica
Hoxe é o día seguinte á vitoria de Fernando Alonso no mundial, que ten revolucionada á xente. Fai moito máis tempo que tivo lugar a decisión que da lugar á imaxe de árbores pelados no Xardín de Sela: a decisión de cortar as árbores porque tiñan demasiado desenvolvemento. O resultado é que houbo case unha…
