Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.619 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A Mariña dos mercaderes separase de Asturias

    Ó crear o que oxe coñecemos como Unión Europea, o primeiro que comezou a funcionar foi o que se chamou a ‘Europa dos Mercaderes’, de xeito que, aínda despois de chamarese Unión, índa o distintivo dos productos segue a ser EC, deirvado anos despois do chamado ‘Mercado común Europeo’. Tamén, era unha das cousas pola…

  • Algo máis para hoxe…

    De novo, algo chama a miña atención; aí vai sen traducción: “si las injusticias se repiten, ¿cómo no vamos a repetirnos nosotros denunciándolas?” (Rosa Montero, El País, hoxe) Hai un ano saía ‘Imaxe Típica’, e hoxe é nova que Noam Chomsky (para algo curto, mellor aquí)sexa supervendas gracias á ponderación dun dos seus libros por…

  • Entre Pinto e Valdemoro

    Hoxe tiven unha sensación rara ó leer os titulares de prensa: a de que estamos nunha especie de ‘entre Pinto e Valdemoro’. O conto é que un borracho atravesaba o regato entre os pobos e dixo algo así como ‘agora estou en Pinto’, pero deu un paso atrás e voltou ‘agora estou en Valdemoro’. A…

  • Foto e teatro

    A foto, a descoberta de que a marea está a baixar, na Ponte dos Santos, ría de Ribadeo. O teatro… A mostra continuou o sábado co grupo ‘Conxunto baldeiro’, cunha obra de Manuel María, ‘A lúa vai encoberta’, que me deixou ganas de ler a obra porque non creo que sexa tan mala como para…

  • O Ribadeo que queremos (do antigo blog)

    O Ribadeo que queremos/No English version Se queres lograr algo neste mundo, o idealismo non é abondo -necesitas escoller un método que funcione para conseguir o teu obxectivo. Noutras palabras, necesitas ser «pragmático»(*) O futuro, antes de vivilo, e se queremos ter algún poder sobre el, hai que imaxinalo. E logo de imaxinalo, darlle un…

  • O castro das Grobas (Vilaselán, Ribadeo)

    O Castro das Grobas é un emprazamento catalogado no Inventario da dirección Xeral do Patrimonio Cultural, afectado polo Catálogo de normas complementarias e subsidiarias de planemanto’ da Consellería de Cultura, co código de catalogación GA27051007. Neste castro un agricultor descubriu a célebre ‘Diadema de Ribadeo’, que posteriormente sería vendida en Madrid por unha onza de…

  • Unha clasificación da ría de Ribadeo (2ª de hoxe)

    Atención. Remata de facerse pública unha clasificación de pureza de zonas de marisqueo. aínda con toda a carga de consideracións que pode levar, a ría está encadrada en tipo ‘B’, é dicir, moluscos que deben pasar pola depuradora antes de ser consumidos. Non é grave, pero coido que non está previsto que ninguén vixie o…

  • Giovinezza (mocidade)

    Hai xa máis de 30 anos que unha persoa me informou da existencia dunha canción (que eu lembraba como ‘giovenezza’ ou ‘giovanezza’, pero que ó ir a consultar ó dicionario resultou ser como o título), cantada alomenos pola sección feminina da falanxe, e de orixe a Italia mussoliniana. Ven a conto o dato por ver…

  • Castro balbinense no centro histórico de Ribadeo

        Poucos días despois de dar nota dunha obra veciña á oficina de turismo, na ex-horta de Boado, entérome de que é: a reprodución dun castro. E lévome unha sorpresa, non polo onde, por estarse a facer nun sitio no que se descoñece a existencia de castro previo, nin polo como, pois o presunto castro…

  • Festa!

    Hoxe escoitei o himno galego e o que supoño o bretón diante da casa do Concello. Parece que xa estamos irmanados, en plena festa de Nosa Señora do Campo, que aínda me enterei hai pouco que non é en realidade a patroa de Ribadeo, pero fai as veces. En día de tanta enxundia, paso das…