-
Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo
As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de…
-
A nova de Ribadeo hoxe estivo fóra
Esta foi a nova de hoxe en Ribadeo: MANIFESTO DA CONSTITUCION DA “FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS CONTRA O RUIDO” (FAGACOR). Un amplo número de entidades e asociacións veciñais de Galicia sensibilizadas dun xeito especial frente ao grave fenómeno de agresións acústicas que veñen padecendo milleiros de ciudadans do noso país, xuntaronse por medio dos seus…
-
Un resume que tomei, sobre goberno, sociedade e poder:
The wisdom of crowds – O saber das muchedumes. Unha multitude pode ser máis intelixente (tomar mellores decisións) que cada un dos seus membros por separado se se dan tres condicións básicas: diversidade da multitude, compoentes de pensamento independente, sen manipulación, e existencia dun mecanismo fiable, democrático, de recollida de opinións. O básico, a interacción.…
-
Estratexia china (en Ribadeo?)
Vai este post non polo libro de Tsun-Tzu, ‘O arte da guerra’, senón por outra estratexia. De todos é sabida a usada polas tropas sublevadas na Batalla do Ebro: desgaste das tropas que tiñan cruzado o Ebro nun contraataque cando as podían ter botado de alí antes, pero resultaba máis rentable cara ó seu aplastamento…
-
Pleno vacío en Ribadeo
Estes días, e ata a próxima semana, ando con pouco tempo… o que non me impediu onte ir ó pleno. Moitos temas tratados en clave, para que non se entendan dende fóra (eso parece), contestacións crispadas ou desdeñosas no mellor dos casos, … como exemplo, un botón: as dúas preguntas de O Tesón, nunha foi…
-
Dende o descoñecemento
Adxunto hoxe un texto enviado para a súa publicación (aproximadamente igual, non igual de todo, que xa lle atopei algún erro). As dúas fotos, a corta invernal no parque, coas árbores romas e o primeiro cargamento en ocupar o novo recheo. Por certo, non se ve no PXOM… Dende o descoñecemento. ‘Cando era feliz e…
-
Obras futuras e obras de hoxe en Ribadeo
O Ribadeo de onte xa cambiou; o de hoxe, está a cambiar: dúas fotos que ilustran o que digo, unha da entrada actual dende Asturias, no lugar onde se construirá unha fonte ‘informática’ logo de construírse o edificio da rotonda (cos baixos aínda en acondicionamento para unha moblaría), e a outra, o inicio das obras…
-
A nova do hoxe
Que producen tres días seguidos festivos ou semi? que o xornal traia como máximo expoñente da actualidade hoxe en Ribadeo a procura do ganador do soldo de premio de ACISA. Coido que non é moito. Únome á tendencia traendo tres fotos que poden parecer insulsas, pero que coido que van direitas a retraer á memoria…
-
Os Reis Magos en Ribadeo
Para un Ribadeo de fábula, podería poñer hoxe a imaxe do portal montado na casa do Concello, pero sería algo triste o poñelo sen a xente representando o misterio. Nembargantes, unha cegadora luz causal atravesando as vidrieiras da escalinata interior da casa do Concello, iluminando un escudo encadrado en filigranas, pode dar unha idea do…
-
Hoxe toca concerto en Ribadeo
A banda actuará hoxe en Ribadeo, no concerto ‘aquí como en Viena’ do que puxen o cartel de Chenchu vai días (o cartel na rúa apareceu o día 2). Onde terei o do ano pasado para establecer unhha comparación co deste? Xa aparecerá… Mentras aparece, unha felicitación que me fixo moita ilusión recibir, aínda que…
