Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.619 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O paradoxo do mentireiro: fides ex auditu, tamén en Ribadeo

    Onte leín no ‘El País’ un artigo de Joaquín Estefanía titulado ‘La paradoja del mentiroso’. Antes de seguir, unha citas da primeira parte do artigo (a segunda coido que non ten a altura da primeira): “la democracia es dinámica, (…) la impulsamos o retrocede” (algo que levo dito unhas antas voltas nos post anteriores) “la…

  • Urbanismo, motor de novas en Ribadeo e toda a Mariña

    Asómbrame a capacidade que ten o urbanismo de xerar novas. Acusacións, denuncias, xustificacións, feísmo, cartos, tonterías, … todo vale como nova, sempre que no fondo esteña o urbanismo dun xeito ou outro. A última (que non ven en solitario, hai máis novas sobre o tema no mesmo xornal), que Ribadeo adapta o seu Plan Xeral…

  • Pubeiros, baristas e Anna Politkovskaya

    Hai un tempo, introducín no meu vocabulario un neoloxismo (coido que oínllo a un amigo e non foi invención miña), ‘pubeiro’, para designar á xente relacionada como propietario ou traballador dun local de hostelería nouturna. Máis adiante, abondo máis, atopeime co saquiño de azucre que aparece na imaxe e pregunteime e preguntei que sería barista.…

  • Nota de prensa sobre o castro das Grobas, Vilaselán, Ribadeo

    Enviada pola Asociación de veciños O Tesón: Nota de prensa Recollendo as preguntas e o sentir de moitos asociados e non asociados, a Asociación de Veciños O Tesón ten programado un paseo a pé para visitar ó Castro das Grobas o día 14 de outubro, sábado, ás catro da tarde. Sairase da praza de san…

  • Xurídicamente non hai xeito

    Roel, alcalde de Viveiro: «Xurídicamente non hai xeito de alegar contra a serie de feitos certos». Pois eso, facer as cousas de calquera xeito é doado, e botarlle a culpa a outros despois de que se queixen de cousas certas é moi recorrido e absurdo, aínda que ás veces funcione por presión social. Eso, a…

  • Na Mariña tamén se constrúe ben (de cando en vez)

    Nova de hoxe é un titular caseque igual o que poño (… á primeira parte), para dicir logo que se conservan casas de indianos en Ribadeo ou Barreiros, que se tenta conservar algún barrio particular ou o centro histórico e que algún dos edificios públicos construídos nos últimos anos é OK. Non parece moito, certamente,…

  • Aviso para navegantes

    Levamos unha tempada con conflictos construtivos, sobre temas pasados, outros presentes e decisións sobre outros aínda futuros. Non parece que os conflictos deste tipo vaian a deixarse de dar totalmente nun futuro próximo, pero coido que a repetitividade coa que aparecen os vellos problemas, ás veces ocultos en principio, a trabazón coa que están sendo…

  • Fadesa, Martinsa, … pobre xente. Pobres de nós

    Vin unha serie de gráficos na prensa de onte. A nova, a compra dunha construtora galega por outra madrileña. As cifras que se manexaban, mareantes para unha persoa de a pé. O fondo da nova, máis ou menos ‘que se nos vai una empresa!’. No primeiro, Fadesa, a construtora que se dicía insignia de empresas…

  • Película sobre película, e sobre película unha…

    (parodia do Villancico…) Parece ser que houbo viciños de Rinlo que se vestiron de luto por non realizarse a peli. A min paréceme que podería ser aproveitado para facer outra peli, e engrosar o conxunto de pelis sobre Ribadeo, que daría para outra peli máis… Ben, entendo que o pésame foi dado co traxe co…

  • Un Ribadeo de película

    Deixo para mañá o que ía poñer hoxe, porque a nova pareceume resultona: comezan a rodar unha peli, pintan parte dun pobo (Rinlo) para facela, suspéndese a rodaxe porque non deron conseguido cartos, e … as casas pintadas, que pasa con elas? Segundo parece o alcalde prometeu voltalas ó seu estado inicial. Agora cabe preguntarse…