Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O PORTO DE RIBADEO E ALEDAÑOS, artigo de Pancho Campos Dorado

     Este ano vai ser un dos anos históricos do porto comercial de Ribadeo, debido o volumen de mercancía embarcada. Preto dun millón de toneladas, repartidas en case medio millón de Tm. de pasta de papel que veñen de ENCE-Navia, preto de catrocentas mil Tm. de puntal e rolla de eucalipto provintes dos montes de Galiza,…

  • Acumulando 30 euros cada segundo ó longo dunha vida: facendo números con Ortega

    Din que a fortuna de Amancio Ortega anda polos 67 000 000 000 €, euro arriba, euro abaixo. Esta entrada non tenta nin sacarlle a Ortega o que é seu pola lei actual, nin profundizar no que fixo ou deixou de facer para lograr acumular euros a razón duns 1 000 000 000 cada ano,…

  • O Gran irmán, cada vez máis cerca

    Coido que na tele están a poñer a edición XXL de Gran irmán. O morbo é así. O que se está a propoñer estes días en Viveiro (e cando vexas as barbas do teu veciño cortar…) comparte nome e orientación de vixiancia, pero é outra cousa: pásase da vixiancia limitada no tempo e voluntaria a…

  • ‘A Mariña, con máis presenza e poder na Deputación’

    Certo que os medios teñen que procurar titulares impactantes para venderse (aínda que non teño moi claro por que tería que ser así ‘noutro mundo’). Certo que o que se escribe soe corresponder en boa parte co que se pensa (en prensa está demostrado que non na totalidade, e mesmo en ocasións, os intereses pasan…

  • Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro

        Corona González Santos e Ramón González: un matrimonio de mecenas. Celia Castro pode consultarse noutra fiestra premendo a ligazón ou lerse directamente no artigo. Aparece en Croa nº 25.Pp 96-101 , out 2015. (atención, pode tardar algo en cargar para ler no artigo) –

  • 15 de outubro de 1915. Publicacións de Isidoro Asensio

    Hoxe, hace 100 anos, nacía en Sevilla Isidoro Asensio Amor. Ese foi o motivo para que hai uns días lle pedira a Roberto Rodríguez o que publicou e republiquei como “NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)“, ou para que editara e aumentara (pouco, polo momento) a entrada correspondente na Galipedia.…

  • Fotos de Ribadeo. Serie ‘os desastres da guerra’

    A primeira foto non pertence á serie. É dunha novidade de antes da ponte, que foi xa presentada no blog en imaxe como boceto: Pode parecer raro que estea funcionando e coa valla. Cousas das présas, pois pola parte de atrás vése aínda o seu interior, só separado por un vidro e que non quedará…

  • NO CENTENARIO DE ISIDORO ASENSIO AMOR (artigo de Roberto R. Rodríguez)

    Pedín e Roberto Rodríguez pasoume este artigo publicado o sábado (20151010) na Comarca sobre Isidoro Asensio. Tomeime a liberdade de poñerlle algunha ligazón consecuente co seu uso en internet: “O próximo 15 deste mes do outono cúmprense cen anos do nacemento do insigne xeólogo Isidoro Asensio Amor. Nacido segundo as súas propias palabras, “casualmente en…

  • Vistas nacionais

       Onte foi unha festa nacional, eso din. Unha, porque foi dunha nación -suponse- que ao menos ten dúas festas nacionais (os touros están catalogados como tal, ainda que diriase que en sentido diferente).     Dende hai moito tempo, gústame o esprito de nación, aplicado ó mundo enteiro: nacionalidade? Terrestre! Aínda que debo confesar que…

  • Mañá aquí hai unha festa, non? Tes que ir o traballo?

    Onte chegaron en visita unha coordinadora e 8 directores de centros de ensino profesional da República Checa a Ribadeo. Trátase dunha actividade dun proxecto internacional de APAGA, e van estar pola zona uns días visitando centros educativos e industrias, mantendo contactos con profesores, alumnos e xentes de aquí, ampliando perspectivas de xeito mutuo, … O…