Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.484 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A Terra non é importante

    Que é a nosa casa común? E que? Nas casas grandes sempre houbo espacio abondo para ter as habitacións boas e os cuartuchos de servicio. E parece que, aínda que pequena, a Terra preténdese que sexa así. E non só en París, procurando ganancias duns fronte a todo o resto, co que aplicando a teoría…

  • Pantomimas e ficcións no teatro de monicreques

    Véxome na necesidade de dicir algo sobre unha pantomima que é ó tempo unha ficción: a mantida onte entre dous políticos que quixeran seguir mantendo un coto cerrado de poder no seu beneficio. Ficción de que son eles a alternativa, cando dun xeito ou outro, son o pasado. Pantomima teatral para unha posta en escea…

  • Aproveitamos só o 1,6% da auga caída? Sempre nos quedará París?

    Vista dende a nova Galicanarias de invernos suaves e secos, o cumio sobre o clima parece lonxe… Ribadeo aproxímase ao fin de ano cunha temperatura media alta abondo e pouca choiva, e días de boa temperatura se estiveramos no outono. Aínda así, con datos da Pedro Murias, non creo que chegue a ser o ano…

  • CEDOFEITA Y CUBELAS, DOS CARAS DE UNA CRISIS. Artigo de José Mª Rodríguez Díaz

    Crisis en la Iglesia. Crisis que marca el final de una etapa y el comienzo de otra. La confrontación entre lo viejo y lo nuevo. Tradición o Evangelio. Ha llegado la hora de elegir nuevos caminos. Las ventanas abiertas por el Concilio Vaticano II han dado estrada a un nuevo aire fresco en la Iglesia.…

  • #‎cortesdeluzRibadeo

    Xa hai tempo comezara a facelo: tentar dar nota dos cortes de luz producidos en Ribadeo. Puxen en marcha o haghstag #‎cortesdeluzRibadeo‬ en twitter e en facebook para que todo o mundo poidera usalo e dar conta dos fallos de luz, cara a posterior protesta e reclamación. Se se procura por el en facebook (https://www.facebook.com/hashtag/cortesdeluzribadeo)…

  • Voltemos á realidade

    As capas de realidade superpóñense segundo categorías. Así, podemos falar dun plano local de realidade, co que ocorre na nosa vila e arredores, que aínda que esteña relacionado con outros planos, ten que ver co poder, a política, a economía, a sociedade, a nivel local. Outro plano sería máis lonxe, a nivel estatal. Tamén relacionado…

  • Catastreando por Ribadeo e España enteira

    Dende hai un tempo comezou o tema: 60 € pedidos de pronto, sen ter nin a quen reclamar. Pouco a pouco foi sabéndose a cuestión: non era un imposto reclamado por non telo feito con anterioridade, nin un novo imposto, senón algo imposto para poder variar o imposto asociado ó valor catastral dos inmobles. Está…

  • Antonte houbo unha manifestación. Sen imaxe

    Antonte houbo unha manifestación. En Ribadeo como noutros moitos lugares. A favor da igualdade. Pola dignidade. Rexeitando a violencia de sexo. Moitas fotos inundaron as redes. Eu non tiña ningunha. Non fun. Cousa de traballo. Pola tarde, vin o concello cos sus balcóns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se vía ben o…

  • Ribadeo e racionalización do transporte

    Supoñamos que queres facer unha viaxe a Vilalba e non tes coche. Hai anos, sen autovía, tiñas 3-4 servicios diarios, coa empresa Ribadeo ou sucesoras. Vexamos agora na Arriva que servizos hai mañá martes: Ah! que non hai… Si podes volver, por Foz, o que alonga a viaxe ata máis de hora e media, como…

  • Atentados

    Copio a definición do dicionario da Real Academia Galega: ” atentado   substantivo masculino  1 Ataque grave ou acto de violencia contra a autoridade, un país ou a integridade física dunha persoa: Os frecuentes atentados políticos debilitaban o equilibrio do actual sistema de goberno. Foi vítima dun atentado do que saíu ileso.  2 (figurado) Acción…