-
8M. Reivindicando outra celebración
Día da muller traballadora. Para reivindicar a muller mediante o seu dereito ó traballo? Arco da vella, imaxe de esperanza Coido que nunha lóxica capitalista, onde uns poucos non necesitan reivindicarse co traballo porque teñen capital, a reivindicación polo traballo vai como anel ó dedo ó pensamento hexemónico: somos se temos traballo asalariado,…
-
De Burela a Lugo, pasando por Ribadeo, en man
‘O sistema’ é corrupto. ‘O sistema’ está a facer dano ó planeta’. ‘O sistema’ é ineficaz. E chega ó absurdo. Ás veces parámonos en cousas moi grandes para decatarnos que ‘o sistema’ está moi mal, en cousas ou casos que, dicimos, quédannos grandes para solucionalos, e deixamos por exemplo que unha multinacional poda querellarse –…
-
A santidade en Galicia. Por que será?
Por medio dun contacto na rede, chego a este mapa: Collido de http://biqdata.wyborcza.pl/files/files/QaWZNI0u3X.png, onde se recomenda ir para ver con máis detalle. Especifica con puntos vermellos os lugares que teñen un ‘santo’ (a verba que corresponda en cada lingua) no seu nome. Coido que chama a atención a profusión de cor vermella en Galicia, que…
-
Ribadeo contratará!
A nova: Ribadeo “contratará a tres informadores/as turísticos e tres operarios de medio ambiente (…) comezarán a traballar a vindeira Semana Santa“. Comezarán … e rematarán. Como entradilla do título da nova do concello aparece que o punto de atención estará aberto do 19 ao 27 de marzo. Vale, non só son eses 9 días,…
-
RIBADEO EN BICI
#ribadeoenbici Un grupo de usuarios da bicicleta, decidimos facer todos os venres primeiros de cada mes, unha concentración no Cantón dos Moreno como xeito de reivindicar espazos de uso para as bicicletas e facernos visíbeis ante o resto dos vehículos con os que temos que convivir día a día. Queremos dar a entender que os…
-
Ribadeo Formación e Información
A formación é necesaria para calquera cousa. En casos, sinxelamente para poder facer. Noutros, para facelo mellor. Ribadeo, como concello, anda metido tamén no tema da formación. Polo que parece, ten pedidos dous talleres, un para guías turísticos con perfil ambiental e outro para archivo, dixitalización e xestión documental. Estarían afectadas 16 persoas por cada…
-
Incidindo no comercio. Na época de entretempos hai que prepararse para ‘tempos’ máis produtivos.
Comentaba onte sobre a ACIA de Ribadeo, ACISA, e as súas contas. a raíz da asamblea anual que tiveron a pasada semana. Seguindo a mirar o comercio, dende a xuntanza ata hoxe houbo pequenos cambios que poden afectar ó panorama comercial ribadense. Un deles, sobre as catedrais: de pronto, púxose en marcha o sistema de…
-
Mirando as contas de ACISA
Aparecía a semana pasada no xornal La Voz de Galicia, na súa edición de A Mariña unha nova aparentemente sen importancia, “Acisa Ribadeo prevé gestionar este año 139 394 euros, un 56% más que en 2015“, co subtítulo “Proyecta duplicar el gasto en campañas, hasta los 54 985 euros“. Para os que temos certa idade,…
-
Fóra dos focos, con liberdade
-
Consultando ó pobo
Elixo unha bela foto de Suso Fernández na queima do antroido desde ano, final da celebración realizada con retraso por causa do mal tempo, como portada para esta entrada, que ao menos en teoría, non vai de antroido. Hai poucos días comezou a circular pola rede (e en máis lugares) o seguinte cartel: Asamblea aberta?…
