Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.472 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: paz

  • Pola paz, concentración de novo este domingo en Ribadeo

    Deixo o cartel feito por Suso para a convocatoria semanal pola paz para este domingo, en plenas ‘conversas de paz Israel-Palestina-Estados Unidos’, e lembfrando que a máis no mundo seguen a existir moitas outras guerras, comezando por Ucraína. E as fotos do domingo pasado:

  • ‘Teñamos a guerra en paz’

    Mañá domingo 5 de outubro hai de novo concentración pola paz en Ribadeo. Por desgraza, non hai motivo para non facela, nin aínda tras a aceptación parcial do plan ‘de paz de Trump’ por Hamas (dende a aceptación, van máis de corenta asasinados por Israel en Gaza). Queda a convocatoria en baixo (hai a posibilidade…

  • co mundo, á rúa! A flotilla somos nós

    Israel atacou. Nós facemos algo que podemos.

  • Vivimos nun mundo sen paz. Queremos paz?

    Se queremos a paz, imos por ela. Se non sabemos por onde comezar, quizáis as concentracións dos domingos en Ribadeo podan ser o comezo desa procura…

  • Que é política? E ti mo preguntas? Política es ti

    Que é política? E ti mo preguntas? Política es ti Parafraseando a Bécquer nun célebre verso, podemos dicir o título: “Que é política? E ti mo preguntas? Política es ti”.Estes días pasados, a conto das protestas pola participación dun equipo chamado Israel – Premier Tech na ‘Vuelta ciclista a España’ que comezou en Italia, tróuxose…

  • Con Gaza no punto de mira

    Paz. Esa é a verba que leva varios anos mantendo a concentración dominical en Ribadeo. Mais, dende o seu inicio co inicio da invasión da Ucraína por Rusia, as ideas evoluíron, e desatouse a masacre de Gaza por Israel, que volveuse xenocidio ramificado con ataques a diversos países, e ós irmáns de gaza en Cisxordania.…

  • Da volta á paz

    Este domingo está previsto, como todos, unha concentración en Ribadeo pola paz e contra o xenocidio en Palestina. Mais a ‘Vuelta a España que comezou en Italia’ segue, e este domingo parte a etapa dende A Veiga, e continuará así tamén a protesta pola participación dun equipo israelí. Aquí quedan pois as dúas convocatorias:

  • Sobre a paz, 20250831

    Adxunto deixo catro fotos da concentración pola paz en Ribadeo este domingo. Tras a manifestación de mediados de agosto e a cacerolada da semana pasada, de novo unha concentración numerosa con cousa de duascentas persoas expectantes ante a saída da flotilla Global Sumud camiño de Gaza. Verbas de Suso, Nana ou https://blogs.amarinha.gal/ribadeando/tag/jose-a-salvatierra-rico/, manifesto lido por…

  • Paz! Cacerolada en Ribadeo

    Paz a favor das persoas. Non ás guerras. Tentei procurar unha palabra antónima de xenocidio, o mesmo que “paz” é o antónimo de ‘guerra’ e viceversa, pero non a atopei. Parece mesmo como se a lingua se voltase en contra de parar o xenocidio. Tócanos a nós, á xente corrente, procurar o estado normal, sen…

  • Manifestación pola paz en Palestina. Ribadeo, 20250817

    Hoxe tivo lugar a manifestación pro Palestina convocada hai xa varias semanas polo grupo que nos estamos a concentrar pola paz no Cantón dos Moreno de Ribadeo tódolos domingos (estás invitada ou invitado!). Unhas trescentas persoas -e algunhas que se xuntaron despois de comezar, outras que non a remataron- recorremos as rúas de Ribadeo entre…