Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.544 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: sociedade

  • Transhumantes e emigrantes dixitais

    Transhumantes e emigrantes dixitais Sedentarios dixitais: máis ou menos así podemos definirnos boa parte dos usuarios de internet ou mesmo, sen tanta xeneralización, de dispositivos como ordenadores ou móbiles. En canto collemos o noso primeiro ordenador, quedamos pillados, cativos polo MS DOS e logo o seu fillo, Windows, nas diferentes versións, despois de que o…

  • Si? A conto do problema da vivenda

    Si? A conto do problema da vivenda Hai un par de días atopeime nun xornal cun titular (era unha sección dun artigo): “O que beneficia o dono beneficia o futuro inquilino”. Asi, entre comiñas. Díxenme que debía ser un erro. Pero o titular fixo o que posiblemente era a sua función primeira: levarme a ler.…

  • Fillos.org, en Web Archive

    Entereime por unha nova que unha mítica web galega, que tentaba ligar emigración galega por todo o mundo con Galiza, Fillos de Galicia, deixou de existir. Mais tras ler a nova, lembrei a existencia desa pequena marabilla que é arquive.org. E alí está a pegada de fillos.org ó longo da súa historia, recollida nunha morea…

  • 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020

    Si, ten habido 165 incendios en Ribadeo dende 1983 a 2020. Ao menos, ese é o número rexistrado na web https://servicio.mapa.gob.es/incendios/Search/PublicoPag?page=1&sBusqueda=soypm%3D0%26CA2%3D3%26Pr2%3D27%26Mu2%3D27%257c51%26ZIF%3D%26TI%3D%26AEP%3D-1&NumPag=100 do Ministerio para a Transición Ecolóxica. A ligazón que puxen, se alguén a mira en papel, é longa de máis, pero a correspondente á portada, non tanto: https://servicio.mapa.gob.es/incendios . Claro que indo á portada,…

  • Onte (20260127) houbo pleno

    Si, polo que parece estaba a convocatoria do pleno dende hai hoxe cinco días na sede electrónica do concello, pero non a vira. A convocatoria era a seguinte: Penso que de terme decatado antes, tería ido. E é que me chamoa a atención que antes de rematar xaneiro haixa unha “Modificación orzamentaria 03/2026”, que non…

  • Dende o Amazonas a Ribadeo

    Dende o Amazonas a Ribadeo Unha das frases moi citadas hai un tempo foi unha variante desta: se unha bolboreta move as ás no Amazonas, remata habendo un furacán en Ribadeo. Ben, a frase orixinal coido que se refería a Texas, e ocultaba que as probabilidades son moi pequenas, incidindo polo contrario en que existe…

  • Sobre o obradoiro de instalación de apps pro Soberanía Dixital

    Nota de prensa amarinha.gal: Soberanía Dixital X: Administración electrónica II. Taller de instalación de apps libres e da administración [Nota posterior: o 20F non poderá ser, a pesar do anuncio feito] O pasado venres 23 de xaneiro tivo lugar en Ribadeo o décimo evento do ciclo Soberanía Dixital, co que o grupo amarinha.gal deu comezo…

  • 25 anos, moita historia

    25 anos, moita historia É unha casualidade que o século e a Wikipedia se leven quince días: o século comezou o 1 de xaneiro de 2001 (por certo, o 1 de xaneiro é o día da liberación de obras ó dominio público unha vez caducados os dereitos de autor); a Wikipedia, o 15 de xaneiro…

  • Faros de Galicia e Memoria Histórica

    Négome a que me poñan límites. Négome a que me adoutrinen. Négome a ser instrumento conxuntural. Négome a que me confundan cambiando o accesorio polo fundamental. Négome a que a política usurpe o espazo do patrimonio social, cultural, ecolóxico e costumista. Reivindico o meu dereito humano a ser para decidir. A que paisaxe e veciñanza…

  • Non votes a quen non quera eu

    Non votes a quen non quera eu De Trump en baixo, ninguén. Ninguén ten dereito, o dereito ó que sexa, sería a lectura completa. Como en tempos dos reis absolutos, mesmo pode que con máis poder relativo, ó ter máis mecanismos que pode controlar. E aínda con poderes que tentan equilibralo, despois de ter maioría…