Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.527 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES


NOTA INFORMATIVA DA PLATAFORMA POLA DEFENSA DAS NOSAS ÁRBORES
O pasado día 11 de Xunio a Plataforma pola Defensa das Nosas árbores ten presentado un escrito no rexistro do Concello de Ribadeo solicitando información concreta sobre “os custes de adquisición dos terreos destinados á construcción do novo Centro de Saúde, así como dos gastos orixinados polas cargas que según declaracións publicadas tiña unha das parcelas afectadas, sempre e cando esas cargas fosen financiadas polo Concello de Ribadeo”.
Esta pregunta faise en base a Lei de Transparencia e Bon Goberno de Galicia 1/2016 de 18 de Xaneiro, que concede un mes para respostar ás administracións implicadas e no caso de non haber resposta o paso seguinte é unha queixa a Defensora do Pobo Galego.
Ate agora este dato non foi publicado nin se explicitou claramente no Pleno Municipal no que se aprobou o trámite correspondente, polo tanto consideramos que procede reclamar ao concello que se especifique, sen ningún xénero de dúbidas, a contía exacta de esta inversión que vai ao cargo dos ribadenses para un proxecto totalmente contrario aos intereses da veciñanza e dos usuarios do Centro de Saúde.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *